2 de xul. de 2024

A GUARDA

Cursos de balde de informática e de teléfonos intelixentes para nenas/os e persoas adultas

  



 
Infogauda / A Guarda

 O CeMIT de A Guarda ofrece este verán cursos para adultos e nenos para iniciarse en ferramentas tecnolóxicas, que son básicas e imprescindibles a día de hoxe.  

 Para as persoas adultas, haberá ata tres cursos dispoñibles: iniciación a informática e internet, edición de textos e escritura e tamén un curso de móbiles intelixentes ou tabletas (aplicacións como WhatsApp,...).  

 Para as nenas/os ofrécese un curso en informática para aprender a ter un manexo do ordenador moi útil na súa vida escolar: mecanografía, edición de textos, presentacións,...  

 Os cursos son gratuítos e comezarán o próximo luns e estenderanse ata o 13 de setembro. Para pedir máis información sobre horarios e/ou inscribirse pode ser a través do 986 611 850 ou no Centro Cultural. Todos as cursos impartiranse na aula CeMIT do Centro Cultural. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario