ACTO COMEMORATIVO XXV ANIVERSARIO DA INAUGURACION DO MONUMENTO A MEMORIA DOS REPRESALIADOS
O sábado 29 de xuño, ás 19.00 horas, na Alameda de Tui
Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e a Louriña
O próximo sábado, 29 de xuño, ás 19.00 horas, na Alameda de Tui, terá lugar o acto conmemorativo polo XXV aniversario da inauguración do Monumento aos represaliados, de Silverio Rivas, ubicado nese espazo público tudense.
O acto será conducido por Moncho Leal e Sabela Treinta e contará coas intervencións do escultor Silverio Rivas; as escritoras, Marga do Val e María Reimóndez; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; e a presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e a Louriña, Helena Pousa.
O acto completarase cunha mensaxe do escritor Jose Viale Moutinho, un recitado de poemas da man de Cecilia Rimbaud, Cristal Méndez "A maga da voz", Pepe Cáccamo e Francisco Álvarez "Koki" e coa música de Samuel Diz e Nadia Vázquez Martínez. O acto concluirá cunha ofrenda floral.
Queremos contar cunha participación masiva neste acto de recoñecemento da Memoria Histórica e Democrática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario