29 de xuño de 2024

TOMIÑO

O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE DE TOMIÑO TEN PROPOSTAS ESENCIAIS PARA A CASA DA TEONILA


Mª Violeta de Santiago e Mirta Isabel Misa, concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño

Infogauda / Tomiño

  Mª Violeta de Santiago e Mirta Isabel Misa, concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño amosan o seu  “estupor” ante a calificación por parte do goberno municipal de “gran símbolo da nosa arquitectura indiana” a casa da Teonila en Goián, cando mesmo a señora alcaldesa manifestou públicamente as súas dúbidas de que este edificio fora indiano, e cando permitiron o derrubo doutro edificio indiano na mesma localidade.” 

 Mª Violeta de Santiago e Mirta Isabel Misa lembran que “o Concello mercou a casa no ano 2020, pasando a ser de titularidade municipal para fins sociais, e catalogada como edificio dotacional público no Plan Xeral de Ordenación Municipal, na modificación puntual n° 8 do mencionado PXOM.  

 Ao estupor engádese o asombro cando lemos na prensa que o goberno municipal “convida ao vecindario” a dotar a casa da Teonila de un novo uso e anima ás persoas con algunha idea de emprendemento para desarrollar neste novo espazo. 

 É decir, que o uso para fins sociais non era verdade e logo de gastar preto de 300.000€ de cartos públicos agora pretenden que o seu uso sexa para negocios privados? Para algunhas amizades cecais?” 

Propostas do grupo municipal do PSdeG-PSOE para a casa da Teonila

 Un centro social para a tercera idade; un museo do viño; un centro de conferencias e actividades culturais; unha casa da República municipal e da recuperación da memoria histórica e democrática; un instituto de investigación e conservación do río Miño; unha escola de pintores, escultores e artistas con raíces no concello; un Centro de Información á Muller; un centro de investigación sobre o cancro no Baixo Miño; unha sala de estudo para a mocidade; unha ludoteca xuvenil,…, son algunhas ideas que poñemos enriba da mesa, porque se pretenden que unha dotación municipal sexa utilizado para negocios privados, parécenos unha aberración e se non son quen de pensar en actividades de uso público e para o ben común, aí lles deixamos algunhas que nos parecen esenciales”, manifestan as concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario