27 de xuño de 2024

O ROSAL

Unha década soando os Ecos do Verán  

Ecos do Folón vai celebrat este sábado 29 de xuño, o seu concerto coral estival, acompañado da Coral A Torre, de Maside; e Renfe, de Monforte de Lemos. 

Será ás 20.30 h no auditorio municipal con entrada de balde  




Infogauda / O Rosal 

 O Rosal quenta voces para acoller a décima edición do Concerto Coral Ecos do Verán, unha década na que o coro ‘Ecos do Folón’ aproveita a época estival para levar a música coral a todos os públicos. A actuación será este sábado 29 de xuño ás 20.30 horas, no auditorio municipal, con entrada de balde. Un espectáculo no que o público poderá desfrutar da música da coral rosaleira acompañada pola Coral A Torre, de Maside (Ourense) e a Coral Renfe, de Monforte de Lemos (Lugo). 

 A Coral Polifónica ‘Ecos do Folón’ naceu no ano 2008 como unha actividade social, aínda que pouco a pouco comezou a camiñar soa e xa no ano 2012 fundou a súa propia asociación músico-cultural. Dos 17 compoñentes iniciais a coral foi medrando ata chegar ás actuais 30 voces mixtas, todas elas persoas de grande afección polo canto pero sen coñecementos musicais, polo que o seu labor ten un gran mérito. 

 O sábado sorprenderá ao público cun repertorio que incluirá ‘Ciranda da rosa vermelha’ de Alceu Valença, con arranxos de Tom-K; ‘El peregrino’ de A. López García; ‘El vals de los quince años’ de Agustín Minotti, con arranxos de Roberto Goldar; Casiñas brancas’ , versión da "Habanera de Ribadeo", con arranxos de Jorge Fernández González; e a popular ‘Eu caseime por un ano’, tamén con arranxos de Jorge Fernández.  

 A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a gozar deste concerto único no que as corais sorprenderán ao público co seu variado repertorio, que incluirá dende temas tradicionais, habaneras, rancheiras,..., ata valses, boleros ou zarzuela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario