CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓNS DO COLECTIVO DE PERSOAS XUBILADAS E PENSIONISTAS DA CIG
Para denunciar o "dificultoso camiño" das persoas maiores para seren atendidas na sanidade pública
Infogauda / Galiza
O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG continuará mañá, mércores 12 de xaneiro, co calendario de mobilizacións para denunciar o "dificultoso camiño" das persoas maiores para seren atendidas na sanidade pública. Con esta campaña, o colectivo reclámalle á Xunta de Galiza que consigne máis orzamentos e persoal para garantir unha atención integral, digna e áxil no SERGAS.
HORAS E LUGARES DAS CONCENTRACIÓNS:
• A Coruña: ás 11:00h no Centro de Especialidades do Ventorrillo.
• Ferrol: ás 12:00h, no Hospital Arquitecto Marcide.
• Compostela: ás 12:00h, no Hospital Clínico.
• Lugo: ás 11:30h, no HULA.
• Ourense: ás 12:00h, no CHUO (Edificio Cristal).
• Pontevedra: ás 11:30h, no Hospital Provincial.
• Vigo: ás 11:00h, no Hospital Álvaro Cunqueiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario