Victor Rodríguez e Xulián Maure presentan 2 publicacións da colección Gallaeciae Monumenta Historica
• Venres 14 de xuño, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10
IEM / Gondomar
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez co director do Instituto de Estudos Miñoráns, Juan Hermida, teñen o pracer de convidar á presentación das publicacións da colección Gallaeciae Monumenta Historica:
Os mosteiros de Santa Maria de Tomiño e Santa Baia de Donas na Idade Media, Estudo histórico e colección documental, de Víctor Rodríguez Muñíz, e
Documentos medievais de Santa María de Baiona (1274-1531), de Xulián Maure Rivas.
• Acollida e presentación: Juan Hermida.
• Intervención inicial: Rosario Álvarez.
• Presentacións: Víctor Rodríguez, Xulián Maure, Francisco Pérez e Anxo Rodríguez.
O acto terá lugar o venres 14 de xuño de 2024, ás 20:00 horas, na sala de cultura do Instituto de Estudos Miñoráns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario