11 de xuño de 2024

A GUARDA

Carrero renuncia a unha subvención coa que poderían asumirse as obras de reforma da praza de abastos

Os/as socialistas conseguiran en 2023 unha subvención de Fondos Europeos de 318.458,40€ para levar a cabo diversas accións de dinamización do comercio, entre as que se atopaba a obra de reforma estética da praza de abastos.  

Un mes despois de que chegara a resolución positiva da mesma, Roberto Carrero, renunciou a esta subvención.  


Infografía incluída no proxecto de reforma da praza de abastos


Grupo municipal do PSdeG-PSOE / A Guarda

 Desde a Concellería de Desenvolvemento Local, dirixida naquel momento pola actual portavoz municipal socialista Fátima Rodríguez, encargárase a un estudo de arquitectura un proxecto de reforma da praza de abastos, e a principios de 2023 reserváranse dos cartos que lle daba á Deputación ao Concello unha cantidade de 172.365€ para acometer dita obra.   

 Pouco despois, en marzo de 2023, xurdiu a oportunidade de presentarnos a unha subvención de Fondos Europeos, e ademáis de meter o custo desa reforma solicitáronse varias actuacións máis das que puideran beneficiarse tamén outros negocios da vila e non só os que tiñan negocio na praza.    

 Se nola concedían podería levarse a cabo a obra de reforma, ademáis do resto das accións, e os cento setenta mil e pico euros que estaban reservados, poderiamos utilizalos para outras obras, xa que Deputación permitía cambiar o destino deses cartos.   

 A noticia de que a subvención de Fondos Europeos fora concedida por un importe de 318.458,40€ chegou en setembro de 2023, xa estando Carrero no goberno, polo que xa lle quedaba a el a responsabilidade de investir o diñeiro da subvención nas obras e actuacións que se acordaran.  A máis destacable, como diciamos, a obra de reforma da praza.   

 Incriblemente esta subvención foi rexeitada polo actual Alcalde un mes despois de recibir dita notificación, demostrando unha vez máis que o actual equipo de goberno non posúe nin a capacidade nin o interese necesarios para gobernar este Concello.   

 Está claro que xestionar Fondos Europeos non é doado, ata nos atreveríamos a dicir que pode resultar un auténtico desafío, pero o que non pode facer un goberno que se prece é tirar a toalla ante aquelas xestións que podan resultar máis difíciles. Cando se está no goberno hai que romperse moito a cabeza para evitar que o Concello perda nin un euro de diñeiro que poda vir doutras administracións.  

 Sr. Carrero é unha vergonza que desdeñen vostedes un diñeiro que é da Guarda, e que en lugar de aproveitar subvencións xa concedidas, renuncien a elas e agora vaian a ter que asumir a recén iniciada obra da praza de abastos co diñeiro da Deputación que inicialmente reserváramos nós, cantidade que podería terse destinado a outras obras, tamén necesarias.   

 Pedímoslle ao noso alcalde, xa alcumado por moitas persoas como “Roberto, o ausente” porque nunca está no Concello, que se tome en serio as súas funcións e lle dedique tempo e gañas ao seu pobo, e senón que se bote a un lado e pase o testigo a alguén que de verdade queira traballar pola Guarda.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario