22 de set. de 2026

DEPORTES

Gróvias Futebol Gaélico celebra este sábado, 26 de setembro o seu 10º aniversario

  A programación comezará ás 15:00 horas no Campo da Sangriña, cun torneo de fútbol gaélico que se prolongará durante toda a tarde e no que participarán diferentes equipas galegas



Gróvias Futebol Gaélico/A Guarda

 Gróvias Futebol Gaélico celebra este sábado, 26 de setembro o seu 10º aniversario cunha xornada que combinará deporte, convivencia e festa na Guarda.  

 A programación comezará ás 15:00 horas no Campo da Sangriña, cun torneo de fútbol gaélico que se prolongará durante toda a tarde e no que participarán diferentes equipas galegas.  

 Xa pola noite, a celebración continuará cunha cea ás 22:00 horas no CS Fuscalho. A partir da 1:00 da madrugada, a festa trasladarase ás Pozas, onde DJ Misa será a encargada de poñer o broche a celebración coa súa música.  

 Con esta xornada, Gróvias Futebol Gaélico celebra unha década de traxectoria, dez anos promovendo e facendo medrar o fútbol gaélico no Baixo Miño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario