28 de xuño de 2024

A GUARDA

As Guerreras visitaron o monte Santa Trega e o seu xacemento arqueolóxico

 E gozaron coas vistas panorámicas dese singular enclave, un dos lugares máis visitados de Galicia  


As Guerreras desfrutaron hoxe dunha visita no monte Santa Trega e agasallaron ao Concello cunha camiseta asinada por todas

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 As Guerreras desfrutaron hoxe dunha visita no monte Santa Trega. As xogadoras quedaron asombradas coas vistas panorámicas dese singular enclave - un dos lugares máis visitados de Galicia - e mostraron interese pola historia de A Guarda.  

 Rosalía Verde Pérez, técnica de Turismo do Concello de A Guarda, explicoulles a historia da Ínsua; do castro: das cetáreas; da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla e tamén das centenarias Festas do Monte Santa Trega. Algunhas das Guerreras tamén comentaban coas súas compañeiras algunhas curiosidades que elas mesmas viviran na súa etapa como xogadoras no Mecalia Atlético Guardés.  

 Ademais, agasallaron ao Concello cunha camiseta asinada por todas.  

 Mañá sábado 29 de xuño, ás 16:30 horas, no pavillón municipal A Sangriña, as xogadoras firmarán autógrafos para todos os asistentes. e a partir das 17:00 horas haberá un adestramento a portas abertas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario