21 de xuño de 2024

A GUARDA

Alfonso Rueda, Alfonso Villares e José López Campos fan parada na Guarda no seu camiño a Santiago   


O alcalde de A Guarda recibíu ao presidente da Xunta de Galicia e aos conselleiros do Mar e de Cultura, Lingua e Xuventude, na Pasaxe (Camposancos)

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 Esta mañá o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela; o conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos chegaron á Pasaxe (Camposancos) a través do Xacobeo Transfer para continuar o Camiño Portugués pola Costa. 

 

Momento da chegada de Rueda, Villares e López Campos, ao embarcadoiro da Pasaxe



 

 A pequena comitiva foi recibida á beira do río Miño polo alcalde, Roberto José Álvarez Carrero e os concelleiros, Óscar Alonso Álvarez e Isidro Lomba Lorenzo. Alí, conversaron sobre as dificultades que tiveran como moitos peregrinos: o pinchazo dunha roda.  

 Aínda que debían seguir rapidamente o seu camiño cara Oia, non puideron resistirse ao encanto do río Miño e fixeron unha breve parada na cafetería do Codesal. Tras falar con algúns veciños, colleron as súas bicicletas con forzas renovadas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario