21 de xuño de 2024

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA CELEBRA SEU XL ANIVERSARIO

Cun concerto, este sábado día 22 de xuño, ás 17:30 horas, na igrexa parroquial de A Guarda




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Agrupación Coral Polifónica de A Guarda está de cumpleanos. Cumple seu XL aniversario, dado que foi creada en xuño de 1984. Por iso, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda, vaino celebrar este sábado día 22 de xuño de 2024, ás 17:30 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, cun concerto no que participarán:

• Agrupación Coral Polifónica de A Guarda

• Coro Cantabile

• Rondalla Antorcha

• Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda

• Agrupación Musical de A Guarda

 Cumplir corenta anos de traxectoria é todo un fito, máxime cando ser membro dun colectivo humano como a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, conleva unha disciplina de ensaios e por conseguinte de responsabilidade, para todas e cada unha das persoas que ao longo desas catro décadas de andaina teñen formado parte desa entidade, algunhas das cales, están desde o comezo. Outras, por diversos motivos, quedaron no recordo dos seus e de todos os que compartiron o día a día, e cando tocaba, as actuacións alí onde fose preciso. E por certo, non soio foron por varias localidades de Galicia (Certame de Corais Liceo de Noia; catedral de Santiago de Compostela, Cedeira, Festas de san Froilán (Lugo); misa no santuario da Virxe Peregrina (Pontevedra),...) o cal non estaría nada mal, todo o contrario, senón tamén por Portugal (Santuario do Bom Jesús, de Braga; Capelinha das Aparições, do santuario de Fátima; Centro Galego de Lisboa, Festival de "Noites Brancas", de Braga; participación na tradicional procesión da "Burrinha", na freguesía de Sâo Victor, de Braga,...) e mesmo na catedral de Tarragona (Catalunya).

 A Agrupación Coral Polifónica de A Guarda é membro da Federación Coral Galega (FECOGA).

 En 40 anos de existencia, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda colaborou na organización de eventos como o Encontro Internacional de Corais da Ribeira do Baixo Miño; e ven organizando o Concerto de Panxoliñas,..., levando sempre ben alto e con moita dignidade, o nome do noso pobo.  

 Asemade, no seo da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda xurdiu o "Cánto á Guarda", con letra de Eduardo Martínez Vicente, e música de Ángel Viro Caamaño.

 E dese xeito, é decir, cantando, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda ten contribuído a enriquecer o acervo cultural de A Guarda. 

 Por iso, na celebración do 40 aniversario da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, queremos evocar aos membros fundadores, aos directores/as, as/os coralistas, directivos e colaboradores, que coas súas respectivas achegas fixeron posible que a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda continúe en activo a día de hoxe. 

 Como escribiu o poeta Federico García Lorca e cantou Camarón de la Isla na Leyenda del Tiempo, “O soño vai sobre o tempo, flotando como un veleiro. Ninguén pode abrir sementes no corazón do soño”.

 Mais a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda non é un soño, é unha realidade.

 Parabens.

Ningún comentario:

Publicar un comentario