Abertas as inscricións para atopar o tesouro con ‘Á procura dos Niños na Ruta da Eurocidade Cerveira-Tomiño’
• Será unha tarde de descifrado de pistas, códigos e enigmas arredor da historia do territorio común da Eurocidade. O 30 de maio, de 14.00 a 18.30 horas no Parque de Lazer do Castelinho
Infogauda / Tomiño
A mocidade dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira vai ser desafiada a participar nunha tarde de descifrado de pistas, códigos e enigmas arredor da historia do territorio común da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Será na actividade "Á procura dos Niños na Ruta da Eurocidade", un xogo de busca do tesouro que se celebrará o vindeiro 30 de maio. As persoas interesadas en participar poden xa inscribirse ata o vindeiro 24 de maio.
Cunha duración máxima de 120 minutos, a proba peonil de orientación para equipos aborda temáticas diferenciadas como música, cinema, deporte, cultura e monumentos relacionados con Cerveira fomentando os lazos de proximidade entre todas e todos os participantes, estimulando o coñecemento do territorio e promovendo o espírito de pertenza.
Nesta actividade poderán participar todos os mozos e mozas de Tomiño e Cerveira, así como a mocidade que estude ou pertenza a algunha asociación con sede nestes concellos. Os participantes deben ter idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos, ambos incluídos, presentándose en equipos de ente 3 e 5 persoas.
O xogo de orientación "Á procura dos Niños na Rota da Eurocidade" terá lugar no centro histórico de Vila Nova de Cerveira, co punto de encontro no Parque de Lecer do Castiñeiro, entre as 14.00 e as 18.30 horas. A inscrición é gratuíta, pero obrigatoria enviando un formulario cuberto ao enderezo electrónico juventude@cm-vncerveira.pt.
Normas de participación e formulario de inscrición en: bit.ly/PeddyPaperEurocidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario