16 de maio de 2024

OIA

O próximo luns, día da Virxe do Mar, festivo local en Oia    

 

 Imaxe da Virxe do Mar, patroa de Oia
Foto: C.O.


Infogauda Oia   

 O próximo luns 20 de maio será un dos dous días elixidos pola Corporación Municipal como festivo local para este 2024. A data correspóndese co día dedicado á Virxe do Mar, patroa de Oia e coñecida popularmente polo nome de “A Delamar”.  

 A festividade da Virxe do Mar, de gran tradición en Oia, non ten data fixa por celebrarse o luns seguinte á festa de Pentecostés (que, á súa vez, celébrase 50 días despois da Pascua). Tendo en conta isto, neste ano a celebración coincide o día 20 de maio.    

 O outro día festivo local en Oia será o 7 de agosto, san Mamede. Este santo é patrón de dúas das seis parroquias do municipio: a de Pedornes e tamén a de Loureza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario