27 de abr. de 2024

TOMIÑO

As concelleiras do Grupo municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño denuncian a inacción do goberno municipal ante a praga de moscas


De esq. á der.: Mirta Misa e Violeta de Santiago, concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOe no Concello de Tomiño


Infogauda / Tomiño 

  Tomiño está a sufrir unha nova explosión de praga de moscas e, unha vez máis, a veciñanza síntese abandoada e reclama solucións xa. É tal a desesperación que moitos veciños e veciñas están prantexándose pechar os seus negocios e marchar do municipio. Esa é a primeira valoración que fai Violeta de Santiago, concelleira portavoz do Grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño.

 O PSdeG-PSOE lembra que leva dende o primeiro momento preocupándose, denunciando, preguntando, reuníndose con afectados, presentando mocións ao pleno e iniciativas ó Parlamento de Galicia, iniciativas  que foron vetadas e que acarrexaron intimidacións ás concelleiras socialistas no seu día

  O Goberno nacionalista tratou de negar a problemática nun principio, mesmo tomándose a chanza nalgún pleno as preguntas do grupo socialista ao respecto. En febreiro de 2022, cando xa non se pode ocultar o que está a acontecer, empezan a falar dun estudo encargado á Universidade de Vigo. Estudo que non se asinou ata abril de 2023, é dicir, mentiron sen pudor en sede plenaria e a todos os veciños e veciñas durante máis dun ano nun intento de gañar tempo cedendo ante as presuntas presións de propietarios de grandes prantacións. 

 Xa en agosto de 2023, o voceiro nacionalista dixo que “estaban a traballar nalgo innovador, un protocolo de actuación para a convivencia de actividades agrarias coa vida residencial”. Onde está ese traballo innovador? 

 Por qué si estaban traballando niso piden agora colaboración institucional para resolver o problema?, cuestiona Violeta de Santiago.

 Volveron a mentir para seguir gañando tempo, ou directamente non fixeron nada porque non teñen interese en darlle solución?, pregúntanse as concelleiras do PSdeG-PSOE de Tomiño. 

 A presión veciñal dos últimos días provocou que “milagrosamente” ese estudo estea rematado despois de máis de dous anos, porque chegou o momento en que xa non se pode tapar máis este grave problema. Anos de inmobilismo, inacción, deixadez, falta de traballo e xestión neste asunto provocou que agora estean desbordados e soliciten axuda á Xunta de Galicia, axuda que hai tempo tiñan que ter pedida.  

 O Goberno de Tomiño, dálle as costas á defensa do medio ambiente en favor doutros intereses. Temos constancia de que recibiron un documento no 2020 denunciando o uso indiscriminado de pesticidas, herbicidas, sulfatos, contaminación dos acuíferos por malas prácticas nos lavados de maquinaria agrícola, extracción de augas ilegais do río, abonos depositados en lugares non apropiados, hiperprantacións e deforestacions salvaxes, contaminación de pozos… 

 E ante estas aberracións medioambientais o único que fixo este goberno [municipal] foi calar, meter nun caixón as denuncias e mirar cara ouro lado, e aínda así, teñen a desfachatez, a cara dura  e o cinismo de  vender e promocionar un Tomiño verde e sostible mentres isto acontece a diario no noso concello, manifestan as concelleiras do PSdeG-PSOE de Tomiño.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario