8 de mar. de 2024

VIGO

CCOO, a través da Fundación 10 de Marzo e da Fundación 1º de Mayo, organiza a presentación do libro 'Mitos y cuentos de la extrema derecha'

 O acto terá lugar o vindeiro 12 de marzo, ás 19:30 horas, no museo MARCO (rúa do Príncipe, 54 - Vigo)


Infogauda / Vigo

 CCOO, a través da Fundación 10 de Marzo e da Fundación 1º de Mayo, organiza a presentación do libro 'Mitos y cuentos de la extrema derecha'. O acto terá lugar o vindeiro 12 de marzo, ás 19:30 horas, no museo MARCO (rúa do Príncipe, 54 - Vigo)

 Nesta presentación na cidade olívica intervirán Steven Forti, coordinador e coautor da obra, Jaime de Haz, xornalista da Cadena SER en Vigo, e José Babiano, da Fundación 1.º de Mayo.  

 Na obra, Forti e o resto de colaboradores analizan as tácticas seguidas pola extrema dereita para conseguir unha base electoral de máis de tres millóns de votantes no Estado, algo impensable hai só unha década.  

 As mentiras, as noticias falsas, a estratexia en redes sociais e os riscos que este tipo de partidos representan para as democracias - en España e no resto de Europa - son algunhas das cuestións analizadas no ensaio.  

 Na obra tamén se examinan os principais discursos das extremas dereitas actuais: a inmigración, o concepto de familia, a oposición ao feminismo, a apropiación do mundo rural ou o negacionismo da crise climática, entre outros elementos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario