26 de mar. de 2024

GONDOMAR

CICLO DE CONFERENCIAS: CRISE CLIMÁTICA OU CRISE DO SISTEMA

 Todas as conferencias serán no local do IEM (Avda. Campo da Feira, 10 - Gondomar)




IEM / Gondomar

 Como sabedes este ano o IEM cumpre 25 anos de estudo, defensa e divulgación do patrimonio do Val de Miñor. Con motivo desta conmemoración organizamos un ciclo de conferencias centrado na análise da crise sistémica na que vivimos e na sucesión de colapsos que se nos botan enriba nas próximas décadas.  

 Vivimos nun planeta finito que presenta limitacións nos procesos que regulan a estabilidade e a resiliencia do sistema terrestre, os chamados límites planetarios. No afán da humanidade de pretender medrar indefinidamente neste planeta finito xa transgredíu 6 dos 9 límites planetarios, tal e como alerta o Centro de Resiliencia de Estocolmo en Suecia. A transgresión dos límites planetarios enfróntanos a unha cadea de colapsos nos que a catástrofe climática é unha delas, pero non a única.  

 Neste ciclo de conferencias, expertos de recoñecido prestixio afondarán nesta crise sistémica, as causas e as posibles solucións.  

 Non vos podedes perder esta oportunidade de dialogar con estes expertos e contribuir á necesaria toma de conciencia da sociedade sobre a realidade na que vivimos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario