2 de mar. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

"MÚSICA E PALABRAS" LEMBROU A ROSALÍA DE CASTRO 


Vista parcial da asistencia de público e participantes na sesión de onte de "Música e Palabras"

José Fernando Martínez Martínez* / Camposancos

 Outra xornada máis, "Música e Palabras" amosouse como unha actividade cultural, promovida por unha comunidade de montes, que se consolida cada primeiro venres de mes. De tal xeito, que máis personas suben o estrado para ler un poema, contar un conto ou mesmo unha historieta, ao tempo que María José Baz fai soar a súa guitarra acompañando as palabras. 

 Nesta ocasión, como non podía ser menos, non fallaron as lembranzas a Rosalía de Castro, nosa poetisa a máis grande. 

 Rematamos o encontro cuns petiscos e un viño galego. 

 "Música e Palabras" é unha actividade que vimos realizando dende unha aldea nos confins da Terra, e que precisamente unha comunidade de montes, consiga mes a mes reunir a un grupo moi importante de xente disposta a gozar escoitando música, poesías de autor e propias,..., é un orgullo. 

 O primeiro venres de abril máis. 

* Presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario