5 de mar. de 2024

A GUARDA

A Fundación R.C. Celta organiza a actividade CLÍNICS  

 No Estadio da Sangriña, durante as vacacións de Semana Santa  




Infogauda / A Guarda 

 A Fundación R.C. Celta pon en marcha a iniciativa CLÍNICS, un campus deportivo que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de marzo en catro instalacións de Pontevedra e Ourense, entre elas o Estadio de Fútbol da Sangriña. Esta actividade, que se oferta en horario de 9 a 14h. contará con descontos para os xogadores do Sporting Guardés. Os interesados poden facer a inscrición a través da seguinte ligazón: https://rccelta.es/mais-celta/clinics/ 

 Mediante esta actividade a Fundación Celta pretende que as nenas e nenos sigan gozando do fútbol nas vacacións escolares, fortalecendo as habilidades futbolísticas pero tamén busca o entretemento e diversión que corresponde a época vacacional. Pensada para crianzas de entre 4 a 16 anos con diferentes  necesidades a satisfacer:    

• Nenos/as que buscan levar a cabo unha actividade física ao aire libre e en contacto con outros/as nenos/as.     

• Nenos/as que queren vivir a súa primeira experiencia practicando futbol, xa sexa porque practican habitualmente outros deportes ou porque non practican ningún.     

• Nenos/as que xogan ao fútbol e buscan reforzar as súas habilidades futbolísticas (técnicas, tácticas e condicionais).     

• Nenos/as cunhas condicións futbolísticas óptimas que queren ser observados por técnicos das categorías inferiores do R.C. Celta. 

 O clinic está deseñado e pensado para dar cabida a nenos/as coas diferentes expectativas citadas e que todos eles póidanas cumprir,  con adaptacións  para que tanto as crianzas de maior idade como as mais pequenas, os nenos/as  satisfagan as súas necesidades. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario