A Gramola Gominola vai repasar os seus éxitos
• Este venres, día 1 de marzo, ás 19h, no Teatro Municipal de Tui
Infogauda / Tui
A música da banda de rock&roll en galego para público cativo, A Gramola Gominola encherá este venres, ás 19:00 horas, o Teatro Municipal de Tui, interpretando os éxitos máis destacados da súa carreira co novo espectáculo “As que máis molan da Gramola”.
A Gramola Gominola naceu en 2015. Está formada por Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Muñoz. En 2018 recibiron o Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil.
Contan con tres libros-discos A Gramola Gominola (2015), Cancións para desafinar (2017) e Bravas. O rexurdir da luz (2019).
Este venres interpretarán boa parte dos éxitos rockeiros que farán cantar e bailar ao público. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 5€ e 3,5€.
Con este concerto ábrese a programación de marzo no Teatro Municipal que continuará o venres día 9 ás 21:00 horas, coa proxección de “O corno”, de Jaione Camborda, e o venres día 16 ás 21:00 horas, coa intepretación de “Síbaris”, por Con de Tres Pés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario