9 de feb. de 2024

O ROSAL

O Rosal celebrará este ano San Valentín doando sangue  

 Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue estará na rúa Ramón Franco, 4, de 10 a 14 e de 16 a 21 h   




Infogauda / O Rosal   

 O Rosal vai celebrar San Valentín con moita solidariedade. Este 14 de febreiro unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), visitará o concello para todas aquelas que queiran achegarse a deixar a súa pinga solidaria.  

 O autobús estará na rúa Ramón Franco nº 4, diante da sucursal de Abanca, e abrirá ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue poderán solicitar máis información chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828. 

 Poderán doar as persoas con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento. 

 Ademais das 10 unidades móbiles que se desprazan cada día, a Axencia Galega mantén abertos sete puntos fixos nos principais hospitais galegos na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender as necesidades diarias. Os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a todas as persoas que o necesitan. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario