11 de feb. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

ALEJANDRO SANTOS ADROVER, SUBCAMPIÓN DE GALICIA DE PISTA CURTA, 2024 

 Na modalidade de 3.000 metros lisos, categoría Sub 16 


Alejandro Santos Adrover - á esq. - no podio coa súa medalla de prata, que o acredita como subcampión de Galicia dos 3.000 metros lisos,  Sub 16 Pista Curta

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 O atleta Alejandro Santos Adrover, de O Rosal, vén de lograr na xornada de onte sábado, 10 de febreiro, a medalla de prata na proba dos 3.000 metros lisos, no XXXIII Campionato Xunta de Galicia Sub 16 Pista Curta, celebrado na pista de atletismo cuberta de Ourense.  

 Cun rexistro de 9:26.25, o noso atleta fíxose co subcampionato galego, cedendo tan só fronte o lucense Enrique García García-Boente, con 9:23.86, pechando o pódium o coruñés Mauro Rodríguez Álvarez con 9:40.72, que logrou o bronce

 Desta maneira o ouro e o título autonómico resístenselle, porque parece que non é quen, de conseguilo, xa que leva dous subcampionatos seguidos de cros autonómico e nacional. 

 Pero iso sí, xa coa mínima para disputar o Campionato de España que se celebrará en Valencia o vindeiro 27 de marzo de 2024, marca que obtivo a semana pasada nun control absoluto no mesmo lugar, realizando un fantástico crono, 9:15.06, quedando por baixo do baremo establecido pola Real Federación Española de Atletismo onde piden 9:30:00 para disputar a nova versión co nome de pista curta. 

 Finalmente queremos felicitar ao noso xove atleta polos seus resultados e animalo, para ver se na tempada ao aire libre consegue ese desexado ouro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario