12 de xan. de 2024

VIVENDA

AXUDAS AO ALUGUER DE VIVENDA EN GALICIA


Vista do barrio de pescadores, no concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Na tarde deste venres, o Concello de A Guarda vén de informar que o Diario Oficial de Galicia, na súa edición de onte xoves, 11 de xaneiro de 2024, publicou á seguinte información:

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO  

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2024 (códigos de procedemento VI483C e VI483D).  

 A Comunidade Autónoma de Galicia ten en marcha varios programas dirixidos ao acceso á vivenda para os colectivos con maiores necesidades, todos eles recollidos no Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, asinado polos representantes das entidades integrantes do Pleno do Observatorio da vivenda de Galicia, documento que xorde da análise conxunta e da contribución de todos os representados no pleno do citado observatorio. No devandito pacto recóllense as liñas de actuación pública na materia, que constitúen un instrumento de planificación das políticas públicas neste eido para o período 2021-2025 na Comunidade Autónoma de Galicia.  

 Entre as diferentes solucións habitacionais figuran tanto a promoción e adxudicación de vivenda de promoción pública, o impulso á vivenda protexida, ás axudas á adquisición de vivendas, o Programa de avais para a mocidade, o Programa de mobilización de vivendas baleiras e o Programa do bono de alugueiro social dirixido aos colectivos máis vulnerables, que cobre o 100 % da renda. 

 Cómpre agora seguir afondando nas axudas ao alugamento de vivenda, a través de mecanismos que posibiliten que estas cheguen ao maior número de persoas posibles, e de forma proporcional aos seus ingresos, prestando especial atención aos colectivos con maior dificultade de acceso á vivenda.  

 Neste sentido, para evitar a dispersión das axudas, faise preciso incluír nunhas únicas bases reguladoras tanto as axudas autonómicas como as do Programa de axuda ao alugamento de vivenda regulado no Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o bono alugueiro á mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, modificado polo Real decreto 903/2022, do 25 de outubro.  

 De acordo con este marco normativo, esta resolución establece as bases reguladoras do Programa de axudas ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual.

 Para máis información, premer eiquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario