31 de xan. de 2024

VIGO

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo apoia a manifestación en defensa da sanida pública

 Que se celebrará o domingo 4 de Febreiro de 2024 ás 12h, con saída desde a Alameda en Santiago de Compostela



Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo

 A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo apoia a manifestación que se celebrará o domingo 4 de Febreiro de 2024 ás 12h, con saída desde a Alameda en Santiago de Compostela. 

 Coincidimos nas propostas de medidas urxentes para parar o desmantelamento e privatización da Sanidade Pública, sendo preciso un cambio de rumbo nas condicións de traballo das profesionais como garante principal da nosa Sanidade Pública Galega. 

 Desde a Xunta de Persoal animamos a todas as traballadoras do SERGAS a participar nesta mobilización para reivindicar a Sanidade que queremos e merecemos.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario