12 de xan. de 2024

REDONDELA

AS SECCIÓNS SINDICAIS DO CONCELLO DE REDONDELA DENUNCIAN A DEIXADEZ DO GOBERNO EN MATERIA LABORAL


Casa do Concello de Redondela 
Foto: Cedida

Seccións sindicais CIG, CSIF, UXT e CCOO do Concello de Redondela

 As seccións sindicais CIG, CSIF, UXT e CCOO do Concello de Redondela tras a asemblea  celebrada o día 10 de xaneiro de 2024, denunciamos a deixadez do Goberno do Concello en materia laboral. 

 O Concello cada vez ten menos persoal para realizar o traballo, a día de hoxe ten vinte postos de traballo desertos ou o que é o mesmo vinte traballadoras/es menos, iso sen contar que as baixas e os permisos de maternidade e paternidade non se cubren, sobretensionando ao cada vez máis escaso cadro de persoal e non podendo ofrecer uns servizos de calidade á cidadanía. 

 A pesar da insistencia de ditas seccións sindicais na solicitude da cobertura por calquera medio legal destes postos de traballo, a paralización por parte do Goberno da execución das ofertas de emprego público dende o ano 2017, a ausencia de negociación cos sindicatos e o incumprimento dos acordos acadados en Mesas Xerais de Negociación pasadas, dá como resultado un descontento xeral das persoas traballadoras, polo que: 

 Acordouse comezar con mobilizacións no caso de non obter respostas por parte do Goberno as peticións do cadro de persoal. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario