Gala por Palestina
• Este sábado, 27 de xaneiro ás 18h, no auditorio de Goián
C. S. Fuscalho
Nestes últimos 3 meses, a entidade sionista de Israel asasinou máis de 24.000 palestinas, entre as cales 12.400 crianzas. No Baixo Miño non calamos ante a limpeza étnica á que asistimos, nin aceptamos a colaboración das nosas institucións, desde Xunta da Galiza e o goberno de España até á Unión Europea.
Por iso saudamos a resistencia do pobo palestiniano e a rebeldía de todos os pobos que polo mundo adiante se están alzando en solidariedade coas xentes da Palestina. Queremos facer unha achega coa organización dunha gala solidaria, de carácter benéfico. O noso grao de area para, da túa man, axudarmos á loita internacional contra o sionismo e o imperialismo. Para que as voces de Gaza, de Cisxordania e da Palestina enteira non sexan afogadas nunca.
Xúntate a nós, no auditorio de Goián, este sábado 27 de xaneiro ás 18h. Música, versos e tenrura dos pobos, solidariedade! Palestina vencerá!
Ningún comentario:
Publicar un comentario