NOVO ENCONTRO DE "MÚSICA E PALABRAS"
• Este venres día 2 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
O vindeiro venres, día 2 de febreiro, ás 20:00 horas, a Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos - rúa Outeiro, 40 A - acollerá un novo encontro de "Música e Palabras".
Nese evento - aberto a todos os públicos - todas as persoas que o desexen teñen o palco do salón de actos a súa disposición, para dar lectura á fragmentos de obras literarias, declamar poesías,..., tanto propias como doutros autores.
Como vén sendo habitual nesta nova temporada de "Música e Palabras", cada intervención contará co acompañamento e as notas musicais da guitarra de María José Baz Martínez, así como a atención e os aplausos do respectable público, que adoita asistir a esa grata actividade cultural, e que ten a ben premiar dese xeito aos diferentes participantes.
"Música e Palabras" é unha iniciativa que convida á participación e á amizade. Dous ingredientes fundamentais para sentirnos ben, sen ningún tipo de contraindicacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario