11 de abr. de 2023

OIA

HOMENAXE OS REPRESALIADOS NO MOSTEIRO DE OIA

Sábado 15 de abril, ás 11h30, visita ao cárcere do mosteiro. Para esta visita fará falta facer inscrición previa no 605 789 915, xa que as prazas son limitadas




Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña

 Este sábado 15 de abril, a Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña organizamos un acto simbólico nun dos escenarios chaves da represión franquista no Baixo Miño, o Mosteiro de Oia. 

 Por el pararían case 5.000 represaliadxs de distintas orixes, ideais e condicións, entre o ano 1937 e o 1939. 

 Para dignificalos e lembralos contaremos con dous dos mellores historiadores do país sobre a temática; Carlos Méixome e Kiko Paz Antón. 

 Previamente, ás 11h30 farase un pequeno percorrido polo Mosteiro, visitando concretamente a parte dos "Presos do Mosteiro". 

 Para esta visita fará falta facer inscrición previa no 605 789 915, xa que as prazas son limitadas. 

 Achégate e difunde! 

 Pola memoria republicana e libertaria!

OURENSE

Unha tese axusta os modelos de predición do risco de alternariose no cultivo da pataca co obxectivo de facer un uso sostible dos funxicidas 

 Foi realizada pola investigadora da UVigo Laura Meno Fariñas  

 Centrouse na comarca da Limia, unha das zonas de maior produción estatal deste produto 


A investigadora do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo da Universidade de Vigo Laura Meno


DUVI / Ourense 

 Cunha produción de máis de 110.000 toneladas anuais, A Limia (Ourense), explica a enxeñeira agrónoma Laura Meno, é unha das principais comarcas produtoras de pataca a nivel estatal. Na súa tese de doutoramento, esta investigadora da Facultade de Ciencias quixo contribuír á sostibilidade deste sector afondando no coñecemento da alternariose, unha enfermidade fúnxica que xunto co mildio supón unha das principais preocupacións para as e os agricultores. No seu estudo axustou os modelos de predición desta enfermidade ás condicións climáticas e agrícolas da zona co obxectivo de empregar os funxicidas de xeito correcto e xustificado, algo que, destaca, non só contribúe a mellorar a saúde do medio ambiente senón que supón un importante aforro económico para o sector.

Evitar o uso innecesario de funxicidas 

 A tese, realizada no marco do Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, estivo dirixida polas doutoras María Carmen Seijo e Olga Escuredo e foi realizada cun contrato FPU do Ministerio de Educación. Segundo explica a súa autora, 1º Premio Nacional Fin de Carreira (2016-2017) en Enxeñaría Agraria, “nos últimos anos, estase a observar un incremento da temperatura global e unha diminución das precipitacións durante as épocas estivais como consecuencia do cambio climático”. Esta modificación do clima, detalla, está a afectar tanto ao ciclo de cultivo da pataca e os seus rendementos como ás pragas e enfermidades que lles afectan. Entre estas enfermidades sensibles ao cambio climático, apunta que está a alternariose, unha enfermidade fúnxica da pataca cunha “clara tendencia a incrementar a súa incidencia”. Segundo explica a xa doutora, “os métodos máis eficaces dos que dispón o agricultor para o control de enfermidades nos seus cultivos baséanse na aplicación de funxicidas baixo calendarios preestablecidos pero a pauta de aplicación non considera o risco de que a enfermidade se desenvolva, senón o tempo que pasa dende a última dose (calendarios prestablecidos), polo que a maioría das veces realízanse aplicacións innecesarias ou que chegan tarde ao ataque, facendo que o seu control sexa máis difícil e incluso sexan necesarias máis aplicacións”.   


 Imaxe dunha da parcelas nas que se desenvolveu o estudo

 Tendo en conta este marco de traballo e o feito de que dentro da estratexia do Pacto Verde Europeo para a loita contra o cambio climático inclúese o obxectivo de reducir nun 50% o uso de pesticidas, na súa tese Laura Meno investigou sobre a presencia da alternariose nos cultivos de pataca na comarca da Limia e o comportamento desta enfermidade e desenvolveu unha estratexia de manexo das parcelas agrícolas baseándose no uso de modelos de prognóstico axustados para predicir o comportamento dunha praga ou enfermidade e establecer os niveis de risco para os cultivos. Trátase, apunta a investigadora do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo da Universidade de Vigo, de contribuír a que as e os agricultores poidan controlar esta enfermidade empregando de xeito xustificado os fitosanitarios, é dicir,  só cando realmente é necesario ou hai risco de infección, evitando o uso dos calendarios preestablecidos “que en moitos dos casos resultan en aplicacións innecesarias ou tardías”.

Coñecemento e aplicación 

 A investigación centrouse en tres obxectivos: investigar a influencia das condicións meteorolóxicas no desenvolvemento da alternariose no cultivo da pataca e avaliar o impacto do cambio climático sobre este cultivo e esta enfermidade; axustar modelos de prognóstico da alternariose á zona de produción como ferramenta para a toma de decisións á hora de aplicar tratamentos fitosanitarios;  ver a evolución da calidade da pataca e a presencia de patóxenos durante o almacenamento e aplicar a tecnoloxía de infrarvermello cercano (NIR) para a rápida determinación dos principais parámetros fisicoquímicos indicadores de calidade. A parte experimental da investigación levouse a cabo en parcelas de cultivo situadas na comarca da Limia e Allariz-Maceda, dende o ciclo de cultivo do ano 2016 ata 2022, e en dous almacéns (un tradicional sen control das condicións ambientais e outro con condicións controladas). As variedades de patacas probadas foron: Fleur Bleue, Frisia, Fontane, Louisa, Agria, Daifla, Red Pontiac, Kennebec e Desiree. Os modelos de prognóstico testados foron de tres tipos: modelos baseados no desenvolvemento fenolóxico da planta de pataca (P-Days, GDD e WE), baseados nas condicións favorables para o desenvolvemento do patóxeno alternaria (IWP e TOMCAST) e un modelo que combina tanto as condicións favorables para o desenvolvemento fenolóxico da planta como as do patóxeno (TOMCAST+P-Days). 

 Entre as conclusións obtidas, a investigadora sinala que os estudos levados a cabo amosaron que “a temperatura é un dos factores decisivos no ciclo de infección de alternaria: inflúe tanto na liberación de conidios como no desenvolvemento da enfermidade”. En canto ás condicións de humidade indica que altos valores de humidade relativa tamén son necesarios para a presenza de conidios no ambiente. “Cando se combinou a temperatura e a humidade foliar nunha mesma variable, o número de conidios no ambiente viuse incrementado polo aumento da temperatura durante as horas de humidade foliar, sobre todo nos dous días anteriores, así como os períodos de humidade interrompida”, recolle a tese. Ademais, apunta Laura Meno, o emprego de intelixencia artificial na  investigación “proporcionounos unha ferramenta moi útil para a busca das variables máis determinantes na liberación de conidios, amosando que a humidade relativa e a radiación son as variables horarias máis determinantes no comportamento desta enfermidade”. 

 Polo que respecta aos modelos testados, no estudo recóllese que os baseados no desenvolvemento da planta amosaron unha predición máis acertada dos primeiros síntomas excepto o GDD, mentres que os baseados no patóxeno foron “os máis conservadores”, prognosticando os primeiros síntomas ata 30 días antes da aparicións das primeiras infeccións. Na tese preséntase o axuste para a comarca da Limia dos modelos de predición abordados segundo as observacións da enfermidade nesta comarca realizadas por Laura Meno. 

 En canto á relación entre as condicións ambientais de almacenaxe e os niveis das esporas dos patóxenos da pataca, a tese recolle entre as súas conclusións que “a temperatura e a humidade tiveron unha relación positiva e significativa coa presenza de alternaria e doutras enfermidades que afectan a conservación dos tubérculos nos almacéns, como helminthosporium, sendo os coeficientes máis altos os de temperatura media e máxima”. Polo tanto, sinálase, o emprego de condicións controladas durante o período de conservación pode axudar a prolongar a vida útil deste alimento en condicións óptimas de calidade. Finalmente, co obxectivo de estimar na pataca a concentración dos principais parámetros de calidade como é a materia seca e os azucres redutores a través dun método non destrutivo, na investigación aplicouse a tecnoloxía de NIR durante o período de almacenamento, acadando “resultados aceptables”. “Estes resultados poden ser interesantes á hora da súa incorporación nas liñas de envasado para unha selección automatizada e instantánea, que como novidade se faría sobre os tubérculos sen pelar”, afirma a investigadora do campus de Ourense.

A GUARDA

O Concello de A Guarda rematará este mes as accións formativas “EspecializAcción” para negocios locais  

Aínda quedan prazas libres para o último obradoiro formativo sobre Posicionamento SEO para páxinas webs e tendas en liña, do vindeiro día 18 de abril.  

É preciso facer unha inscrición previa chamando ao 986 610 000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es 




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda, a través da concellaría de Desenvolvemento Local rematará neste mes de abril a oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.  

 As accións formativas de “Especializacción” contan cun total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila nunha enquisa que se realizou entre todos eles.  

 Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021.   

 Este martes día 10 de abril, en horario de 20:30 a 22:30h, tivo lugar o penúltimo obradoiro de “EspecializAcción” da man do administrador de comunidade Jorge Alonso Daldea, que tratou sobre publicidade en Facebook e Instagram. As prazas xa estaban cubertas.  

 E para rematar as primeiras accións formativas de “EspecializAcción” desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril, de 20:30 a 22:30h terá lugar na Casa dos Alonso o obradoiro de Posicionamento SEO (conxunto de técnicas que se aplican para páxinas web e tendas en liña), impartido por Jorge Alonso Daldea.  

 Aínda quedan prazas libres para o obradoiro do 18 de abril, polo que todos/as os/as empresarios/as aínda poden realizar unha inscrición previa chamando ao teléfono 986 610 000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es, ata dous días antes da acción formativa ou ben ata completar o aforo.

A GUARDA

Aberto o prazo para a solicitude de participación na III Mostra Creativa do Baixo Miño  

O Concello de A Guarda, xunto a un grupo de artesáns e persoas deseñadoras do Baixo Miño, organizarán por terceiro ano consecutivo a Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 29 de xullo na praza de Avelino Vicente 

No evento poderán participar persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca. A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 27 de xullo. 




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.   

 Ao igual que o ano pasado, a Mostra coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. "Desde o Concello queremos agradecer a boa disposición para sumar esforzos de OR.PA.GU. e establecer lazos de colaboración", afirmou Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Desenvolvemento Local.  

 O Goberno municipal invita a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que revisen as bases publicadas no taboleiro de anuncios e cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com  

CAMINHA

Praia de Moledo é vencedora do Prémio Cinco Estrelas Regiões


Praia de Moledo
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 A Praia de Moledo conquistou, para o concelho de Caminha, o Prémio Cinco Estrelas Regiões, um sistema de avaliação que identifica, segundo a população portuguesa, o melhor que existe em cada uma das 20 regiões nacionais. A nossa magnífica praia reforça assim a sua condição de excelência, ostentando mais este galardão.

 O website Vencedores-2023 – Prémio Cinco Estrelas Regiões (cinco-estrelas.pt) dá a conhecer “as marcas portuguesas e ícones de referência nacional que para 2023 foram considerados pelos consumidores portugueses como realmente Cinco Estrelas”. A análise espelha um “elevado nível de exigência e rigor da metodologia Cinco Estrelas” e destaca, com a Praia de Moledo, “um grupo restrito de marcas que se evidenciam pela sua excelência e elevado nível de satisfação global junto dos consumidores, contribuindo para a promoção das regiões onde estão inseridas”.

 A Praia e Moledo é divulgada no website, sendo assim descrita: Situada na freguesia de Moledo, esta esta praia é de tipo costeira com uma morfologia arenosa, areia branca, e rochosa.

 A praia de Moledo oferece todas as condições para gozar a época balnear em pleno. Dentro dos parâmetros de qualidade exigidos, os extensos areais e o mar, aliados à paisagem, proporcionam a todos os veraneantes uma temporada memorável.

 Muito procurada, esta praia contempla todos os equipamentos necessários ao seu usufruto e as suas qualidades terapêuticas, pela quantidade de iodo, são reconhecidas. A sua beleza, justifica a visita em qualquer mês do ano, conjugando aquela com condições ideais para a prática do surf, bodyboard e windsurf.

LOCALIZAÇÃO

 Situada na freguesia de Moledo, esta esta praia é de tipo costeira com uma morfologia arenosa, areia branca, e rochosa.

 A praia de Moledo oferece todas as condições para gozar a época balnear em pleno. Dentro dos parâmetros de qualidade exigidos, os extensos areais e o mar, aliados à paisagem, proporcionam a todos os veraneantes uma temporada memorável.

 Muito procurada, esta praia contempla todos os equipamentos necessários ao seu usufruto e as suas qualidades terapêuticas, pela quantidade de iodo, são reconhecidas. A sua beleza, justifica a visita em qualquer mês do ano, conjugando aquela com condições ideais para a prática do surf, bodyboard e windsurf.

LOCALIZAÇÃO:

Coordenadas: N 41º 50.97906′ O 8º 51.99378′

 Como referimos, o Prémio Cinco Estrelas Regiões é um sistema de avaliação que identifica, segundo a população portuguesa, o melhor que existe em cada uma das 20 regiões (18 distritos + 2 regiões autónomas) ao nível de recursos naturais, gastronomia, arte e cultura, património e outros ícones regionais de referência nacional, bem como premeia marcas portuguesas a nível regional.

O ROSAL

Costas do Estado reconstruirá parte da senda que une Tomiño e O Rosal danada polas inundacións  

 As alcaldesas e o xefe do Servizo Provincial en Pontevedra visitaron este martes a zona afectada  

 Tratarase dunha intervención con bioenxeñería de dous tramos da senda ao seu paso sobre o río Tollo, ao tempo que se tramita a reparación da ponte  


As alcaldesas Sandra González e Ánxela Fernández Callís, e o xefe do Servizo Provincial de Costas do Estado en Pontevedra, Miguel García, visitaron este martes as zonas afectadas 

Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 A reconstrución do tramo da senda peonil que une Tomiño e O Rosal danada polas inundacións do pasado mes de xaneiro comezarán en breve. As alcaldesas de ambos concellos, Sandra González e Ánxela Fernández Callís, e o xefe do Servizo Provincial de Costas do Estado en Pontevedra, Miguel García, visitaron este martes as zonas afectadas tras as intensas chuvias e as fortes crecidas do nivel do río Miño, nas que se produciron estragos de consideración. 

 Costas comezará en breve os traballos de reparación dos derrubos sufridos na senda peonil, sobre todo nos dous tramos antes e despois do seu paso sobre o río Tollo, un dos afluentes do Miño. Para a reconstrución empregaranse técnicas de bioenxeñería, xa que se trata de unha zona de actuación situada en espazos protexidos da Rede Natura 2000. 

 As obras de reconstrución consistirán na reposición do pavimento natural primitivo e no emprego de pilotes de madeira colocados no chan aos que se unirán franxas de vexetación viva para que se estableza un entramado de raíces e vexetación que axude a conter as marxes do río Miño. Os traballos incluirán ademais a renovación dos valos e dos bordes de madeira ao longo de toda a zona de reparación.  

 Por outra banda, Costas xa está a realizar os trámites necesarios para completar esta intervención coa reconstrución da ponte peonil de madeira sobre o río Tollo, xa que o estado actual no que se atopa interrompe a continuidade do itinerario desta senda que une a parroquia tomiñesa de Goián coa rosaleira das Eiras.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Cerveira debate potencial de crescimento e sustentabilidade   

 Agendada para 21 de abril, Dia Mundial da Criatividade e Inovação




Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 Depois do sucesso do primeiro encontro da iniciativa “Em Cerveira, acontece…” dedicado à demografia, o Município de Vila Nova de Cerveira promove a Conferência “Crescimento e Sustentabilidade em Vila Nova de Cerveira”, em parceria com o Grupo Editorial Vida Económica. Agendada para 21 de abril, Dia Mundial da Criatividade e Inovação, o objetivo é evidenciar o potencial de crescimento de Vila Nova de Cerveira, os fatores de atratividade e especialização, a capacidade de iniciativa dos agentes económicos e o papel de liderança da autarquia na dinamização do desenvolvimento sustentado. Com início às 10h00, no Cineteatro de Cerveira – Marreca Gonçalves, a conferência é aberta a todos os cidadãos.     

 O Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira explica que, “não querendo negligenciar o contexto de âmbito global que se vive atualmente, o executivo continua empenhado em desenvolver uma nova estratégia que potencie a fixação da população, com uma análise pertinente dos recursos existentes, potenciais e disponíveis, mediante a atração de investimento em áreas-chave, procurando abrir portas para o futuro”. Rui Teixeira assegura que “a aposta incide na auscultação das necessidades da população cruzando-as com os conhecimentos técnicos de diversas entidades locais, regionais, nacionais e internacionais, por forma a delinear respostas reais e efetivas”.     

 Com abertura realizada pelo Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, sobre “Os desafios de desenvolvimento do Município”, o programa desta conferência contempla três painéis diversificados com oradores especializados nas temáticas seleciondas, a saber: “O acolhimento de empresas como fator de dinamização da economia local”, pelo Presidente da Ceval, Luís Ceia; “A Bienal Internacional de Arte de Cerveira: o legado cultural como fator de sustentabilidade”, pela Diretora Artística da Bienal Internacional de Arte de Cerveira, Helena Mendes Pereira; e “As oportunidades de crescimento da indústria náutica” com o proprietário da empresa Vanguard Marine, José Ignacio Abejon.     

 A iniciativa prossegue com uma mesa-redonda dedicada aos “Investimentos na indústria, no comércio e no turismo como fator de crescimento”. Com moderação do Diretor da Vida Económica, João Luís Peixoto de Sousa, este momento de apresentação e debate conta com as intervenções da Diretora do Sistema de Gestão Integrado e Sustentabilidade da PAINHAS SA, Liliana Araújo; do Coordenador Geral da ADRIMINHO, Carlos Brandão; do Vice-Presidente da Entidade Regional de Turismo do Porto e Norte de Portugal, Inácio Ribeiro; e do Técnico Superior na área do património e promoção turística da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Jorge Martins. Segue-se um período de perguntas e respostas, e o encerramento a cargo do Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDRN), António Cunha.    

 Por ser uma temática de interesse geral, a conferência “Crescimento e Sustentabilidade em Vila Nova de Cerveira” é aberta a toda a população, tendo ainda transmissão em direto via Facebook do Município de Vila Nova de Cerveira e da Vida Económica.   

TUI

Teatro e música mañá mércores na programación das Festas de San Telmo

 O grupo de teatro San Fins estrea “A comisión das Valadas”, Brais das Hortas actuará na Corredoira e a Coral do Centro Sociocomunitario, en Amoralia  




Infogauda / Tui

 Teatro e música mañá mércores na programación das Festas de San Telmo.  

 O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará “A comisión da Valadas” no Teatro Municipal e Tui ás 21:00 h na segunda xornada da XIII Semana de Teatro Amador. Nove actores e actrices, baixo a dirección de Laura Villaverde, porán en escena esta comedia na que ante a falla de comisión de festas para facer os festexos do pobo de Valadas un grupo de mulleres asume o reto, non sen atrancos. As entradas están á venda en tui.gal ou poderán mercarse mañá mércores dende ás 20:00 h no despacho de billetes a un prezo de 2€.  

 Previamente ás 18:00 h na carpa da Corredoira actuará Brais das Hortas con ‘Concertasso na Horta’ para público familiar. A xornada abrirase ás 16:30 h no centro de día Amoralia coa actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, nunha iniciativa dentro da programación das festas que leva a música até as persoas maiores do centro de día e das residencias tudenses.

TUI

Éxito rotundo do II Encontro de Viños da Raia 

FORON VENDIDAS MIL COPAS E DEGUSTADAS 500 BOTELLAS DAS DEZ ADEGAS PARTICIPANTES. AS ACTIVIDADES PARALELAS ENCHERON O INTERIOR DO EDIFICIO DA PRAZA DA INMACULADA


O II Encontro de Viños da Raia realizouse na Praza da Inmaculada
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Éxito do II Encontro de Viños da Raia realizado esta pasada fin de semana na Praza da Inmaculada coa participación de dez adegas. As cifras falan por si mesmas: mil copas vendidas e máis de 500 botellas degustadas nas casetas das adegas Corisca; de Tui; Do Vimbio, de Tomiño; Edmun do Val, de Valença; Sergio Álvarez, do Rosal; Lagar Pedregales, de Tomiño; Adega do Ricón, de Arbo; Pateira, do Rosal; Márcio Lopes, de Melgaço, María Bargiela, de Salvaterra de Miño e Jorge Marcote, viticultor do Rosal.  

 O Concello de Tui volveu apostar por este evento, tras o éxito obtido na súa primeira edición en 2022, para pór en relevo o traballo que realizan as adegas e os viticultores das dúas marxes do río Miño.  

 Así, Ana Núñez, concelleira de Comercio do Concello de Tui, destacou a importancia deste evento para contribuír á visibilización e promoción daquelas persoas que máis se esforzan por conservar o noso patrimonio vitivinícola.  

 Foron numerosos as persoas de Tui e doutros municipios que na fin de semana compartiron un viño e un petisco na praza da Inmaculada na primeira fin de semana das festas de San Telmo.  Amais no interior do edificio da mesma praza celebráronse distintas actividades paralelas que contaron cunha gran acollida por parte do público.  

 Así o sábado tivo lugar presentación dos viños da tudense Susana Esteban, considerada unha das mellores enólogas de Portugal, que abarrotou as instalacións para dar a coñecer o seu proxecto vitivinícola que tantos éxitos está a cultivar a nivel mundial. A continuación, presentouse o libro ‘A nación dos mil viños’ da man dos seus creadores, Martiño Santos, Xosé Gontá Sobrino e Toño Núñez Amigo-Rivadulla, que ofreceron unha interesantísima charla sobre etnografía, xeografía e viños.  

 Mentres o domingo pola mañá, Rafa Centeno, Estrella Michelín do restaurante Maruja Limón, foi o encargado de levar a cabo unha demostración de cociñado no que o río Miño foi o protagonista. Sábalo, lamprea e anguía elaborados en tres propostas de vangarda non deixaron indiferente a ninguén.  

 E para terminar, non menos interesante foi a cata do experto en viños Adrián Guerra, que fixo un percorrido polas distintas variedades de viño das dúas marxes da ‘raia’. Toda unha lección do bo facer dos pequenos viticultores e viticultoras que asistiron a esta segunda edición do Encontro de Viños da Raia. 

TUI

Juan Carlos García-Valdecasas e a Radio Municipal de Tui, premios ‘Cidade de Tui’ 2023 

O TEATRO MUNICIPAL ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DESTES GALARDÓNS NA SÚA TERCEIRA EDICIÓN 


Foto de ´familia da gala dos ‘Premios Cidade de Tui’ 2023, celebrada no Teatro Municipal

Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 O cirurxián tudense Juan Carlos García-Valdecasas Salgado, na categoría individual, e a Radio Municipal de Tui, na modalidade colectiva, recibiron o pasado sábado os ‘Premios Cidade de Tui’ 2023, na gala celebrada no Teatro Municipal.  

 O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, entregou sendos premios, poñendo en valor o labor dos premiados. Dicía que “a gratitude e a xenerosidade fixeron posible a existencia desta bimilenaria cidade”.  

 Con respecto a Juan Carlos García-Valdecasas  indicaba que “ao premiar a súa traxectoria tamén premiamos ao conxunto dos profesionais sanitarios deste país, aos que tanto lles debemos e a veces pouco lle recoñecemos”. Engadía que “Juan Carlos é un claro exemplo desta profesionalidade e dese sistema sanitario magnífico do que disfrutamos os españois”. Mentres sobre o premio colectivo indicaba que “30 anos de traxectoria dunha radio pública municipal reflicte que as cousas se fixeron moi ben e que grandes profesionais estiveron e están ao fronte da nosa radio municipal”. Engadía que “eses 30 anos de radio reflicten ese traballo serio e rigoroso”.  

 Remataba Enrique Cabaleiro indicando que “todos como tudenses nos sentimos moi orgullosos de que un médico tudense sexa referencia mundial, e todos  como tudenses nos sentimos moi orgullosos de que un medio de comunicación local sexa o principal medio de comunicación que temos na comarca”.  

 Pola súa banda a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, lembraba no acto coma estes  Premios Cidade de Tui “naceron para celebrar, para recoñecer o labor de milleiros de persoas, a nivel individual e de maneira colectiva, que nos enriquecen e que fixeron que nos sintamos orgullosos da sociedade que construímos ao longo destes séculos”. Engadía a concelleira que “sen vos, os tudenses, esta cidade non tería acontecido tal e coma a coñecemos, esa colina de pedra da que falaba Eliseo Alonso, non sería a que é sen a aportación de milleiros e milleiros de homes e mulleres que de maneira individual e ou en comunidade traballaron, e seguirá acontecendo para seguir construíndo entre todos a mellor cidade”.  

 Tras recibir o premio o médico Juan Carlos García-Valdecasas confesaba que para el “é unha honra e unha gran alegría que se me concedera esta importante distinción”.  Destacaba que  “sempre tiven a Tui coma referencia, estou moi orgulloso de ter nacido aquí”. Lembrou a casa familiar da rúa Canicouva, os veráns en Tui, e coma sempre que pode aproveita para vir á cidade e ensinar Tui e Galicia.  Dicía García-Valdecasas que “despois de 44 anos de exercicio profesional, de máis de 2.500 transplantes realizados polo seu grupo, de ter percorrido o mundo, véxome aquí e o que máis ilusión me fai é compartir estes momentos cos que me acompañaron naqueles veráns inesquecibles”. Tamén se refería a súa carreira profesional indicando que “tivemos a oportunidade de facer algo que cando rematei a carreira era impensable” sinalando que “co transplante de fígado fomos capaces de cambiar a vida e a calidade de vida de moitísimas persoas”.  

 Na súa intervención, o director da Radio Municipal de Tui, José Font, tras recoller o premio salientaba que “hoxe estamos aquí polo o esforzo de centos de persoas, este é un premio colectivo, i é que desde hai trinta anos son centos as persoas que traballaron ou colaboraron con esta emisora, a todos eles quero dicirlles que este premio é de todos e de todas”. Afirmaba que “a información local, interesa, como interesou sempre e interesará no futuro” polo que “radio local seguirá falando do que pasa o lado da casa, na cidade ou na comarca do día a día de cada un de nós”.  Indicaba Jose Font que “a Radio Municipal de Tui, é percibida por moitos como a radio da casa, esa voz familiar que nos acompaña, coa que  rimos, falamos ...e as veces... ata discutimos”.  Agradecía o apoio que, dende o seu comezo, “sempre mostrou o Concello de Tui” e daba as grazas aos cinco alcaldes que nestes 30 anos tivo Tui  cos que “a radio funcionou dun xeito autónomo e independente”.  E remataba sinalando que “este premio é merecido, merecido por todos aqueles que dedicaron o seu tempo a facer da Radio Municipal de Tui a radio que é”.  

 A Gala contou coa actuación da Banda de Gaitas Arume, de Malvas. 

VIGO

O persoal de Vitrasa retoma os paros parciais para instar a empresa a negociar un convenio digno 

 Comezaron hoxe e desenvolveranse en días alternos até o vindeiro mes de maio de 7:00 a 8:30 e de 13:30 a 15:00  


Foto: Cedida

Infogauda / Vigo

 O cadro de persoal de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, vén de retomar os paros parciais que desenvolve dende o pasado mes de novembro para instar a empresa a negociar un convenio colectivo digno. A medida de presión iniciouse hoxe e continuará os días 13, 18, 21, 24 e 27 de abril e 3 e 5 de maio de 7:00 a 8:30 e de 13:30 a 15:00 horas. 

 Desde a CIG, que preside o comité de empresa, denuncian que a dirección decidise anular a xuntanza prevista para o vindeiro día 13,  “na que se supón que se lle daría solución a unha serie de puntos propostos pola representación sindical, amosando unha vez máis o desinterese por solucionar un conflito que prexudica gravemente a veciñanza da cidade”. 

 Por iso consideran que Vitrasa “se atopa cómoda” cos servizos mínimos impostos polo Concello, “xa que con poucos autobuses cheos de xente a rendibilidade é maior”. En consecuencia, instan o Goberno local a iniciar un expediente sancionador “xa que a concesionaria non está a prestar o servizo ao que se comprometeu”. 

 Ao mesmo tempo, sinalan que o Concello non pode quedar á marxe “e ser une mero espectador” dun conflito que leva dous anos aberto nunha empresa concesionaria dun servizo esencial como o do transporte. 

 “Se Vitrasa pretende renovar a prestación do servizo de transporte público ao entender que parte con vantaxe na próxima concesión debe solucionar o conflito laboral existente e recuperar os servizos e frecuencias eliminadas”, rematan. 

VIGO

Persoal de Povisa en loita por unha condicións laborais dignas: “O noso traballo merece mellor salario!” 

 Traballadores/as do hospital vigués comezaron hoxe as mobilizacións para reclamar un convenio colectivo xusto 



Varios centos de traballadores/as do hospital Ribera Povisa, de Vigo secundaron hoxe a convocatoria do comité de empresa e mobilizáronse

Foto: CIG


Infogauda / Vigo

 Varios centos de traballadores/as do hospital Ribera Povisa de Vigo secundaron hoxe a convocatoria do comité de empresa e mobilizáronse ao berro de “O noso traballo merece mellor salario” para reclamar un convenio colectivo xusto que dignifique as condicións laborais. 

 A protesta, a primeira do calendario de mobilizacións anunciado recentemente pola representación sindical, desenvolveuse de 14:00 a 17:00 horas e consistiu nunha concentración diante do centro médico, con posterior manifestación polas rúas adxacentes. A seguinte cita reivindicativa terá lugar este xoves día 13 no mesmo lugar e á mesma hora. 

 Dende o comité de empresa, presidido pola CIG, explicaron que para este mércores hai fixada unha nova xuntanza da mesa negociadora do convenio, tras a que se celebrarán dúas asembleas de traballadores/as (ás 14:00 e ás 15:00 horas). Se a empresa non achega unha proposta que satisfaga as pretensión dos traballadores/as as mobilizacións continuarán, ademais de iniciarse unha folga dende as 7:00 horas do vindeiro día 17 até as 22:00 horas do día 20, que pasará a ser indefinida a partir do 24. De feito, as partes pactaron onte os servizos mínimos que rexerán durante o paro. 

Convenio vinculado ao concerto co Sergas 

 As conversas para renovar o convenio comezaron en 2021, mais neste tempo o acordo non foi posíbel porque a compañía vincula a súa negociación coa sinatura do concerto co Sergas. “O único que houbo foi un preacordo o ano pasado para subir os salarios un 2,5% e o compromiso de que o persoal ao que se lle impuxeran as 35 horas pasara a 40, algo que se está a facer”, sinala a presidenta do comité, Chus Neira. 

 De feito, até o de agora a empresa insistía en que non podía presentar ningunha oferta económica, espera do que aconteza co concerto co Sergas. Mais na última xuntanza achegou unha proposta de suba salarial, que sería dun 3% para cada un dos anos 2023, 2024 e 2025, “cantidade que consideramos insuficiente”. Ademais Povisa pretende eliminar pluses como o de risco e o de distancia, e impedir que se poidan fraccionar as vacacións como queira o persoal. 

 O aumento de soldos ao que aspira a parte social sitúase no 5,5% para este ano e no 4% para 2024 e 2025, “cantidades que se poderían rebaixar en caso de que o resto de cuestións melloren”. Neste senso, lembran que o persoal de Povisa leva moitos anos sen suba salarial, o que lle supuxo unha perda moi importante de poder adquisitivo. “É necesario mellorar tamén as condicións laborais”, insisten.

GALIZA

O BNG pide o apoio do Parlamento galego para demandar ao goberno do Estado que retire os  Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM)  

 Rosana Pérez advirte das negativas  consecuencias sobre o sector pesqueiro coa futura  implantación de parques eólicos  nas costas galegas   

 Critica que PP e PSOE pasen “de puntillas” por un debate  que prexudicará gravemente a Galiza para beneficiar ás grandes  empresas eléctricas  

   

Rosana Pérez Fernández, portavoz de pesca do BNG nun momento da súa intervención no Parlamento 

Foto: Cedida
  

Infogauda / Santiago de Compostela

 A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez Fernández defendeu unha proposición non de lei solicitando o apoio do Parlamento para demandar ao goberno do Estado “a retirada dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM)”, aprobados recentemente no consello de ministros.  

 A deputada do BNG advertiu das consecuencias negativas  de implantar a eólica mariña nas costas galegas, sobre todo, para o sector pesqueiro e criticou que PP e PSOE “pasen de puntillas” nun debate social ante a proximidade das eleccións e para que “non se note de que lado están”.  

 En moitas ocasións, dixo, comprobamos a coincidencia de  PP e  PSOE sobre as “terríbeis e radicais políticas ambientalistas da UE”, sen embargo, non son tan contundentes á hora  de posicionarse en contra da implantación de muíños nas nosas costas.  

 Resulta chamativo, sinalou a nacionalista, ver como os que presumen de defender a ultranza a pesca galega aquí, tanto en  Madrid como en  Bruxelas,  sobre esta cuestión non son capaces  de apoiar ao sector pesqueiro, que rexeita  unanimemente os POEM  e unha “planificación enerxética feita a imaxe e semellanza da gran patronal eólica e das grandes empresas eléctricas”.  

 Na súa intervención, a deputada do BNG destacou a grande complexidade da plataforma continental galega, especialmente curta (entre 20-30 Qm) circunstancia que  o PP e o PSOE parecen ignorar, a pesar dos informes científicos.  

 Nesa  plataforma, engadiu,  concéntrase unha elevadísima densidade en canto ao seu aproveitamento produtivo pesqueiro e marisqueiro, o PP e o PSOE prefiren seguir utilizando eufemismos e falar dunha “coexistencia” entre sectores, e mesmo chegan a afirmar  que a  concentración de máis de 100 caladoiros de pesca non é razón suficiente para que o POEM considere a actividade pesqueira como de interese prioritario.   

 Por outra banda, se sinalamos os graves efectos no sector pesqueiro  en comarcas enteiras, PP e PSOE responden  co anuncio de miles, e “ficticios”, postos de traballo na industria  eólica mariña. E mentres  existen miles de postos de traballo que dependen directa e indirectamente do sector pesqueiro, vostedes apostan por “unha hipotética creación de emprego” que en  realidade, queda moi lonxe do que anuncian.  

 Rosana Pérez cualificou de “falaz” o argumento utilizado pola Xunta cando afirma que  “a liña vermella” é a afectación á pesca, cando coñece dabondo as críticas do sector e da propia ministra para a transición ecolóxica, Teresa Ribera.  

 “Se falamos de que para Galiza hai unha previsión de ocupar  2.200 Qm.  cadrados en fronte as  nosas costas, “o 44% de todo o Estado”, por parques de eólica mariña, enriba do maior número de caladoiros de pesca e onde desenvolve a súa actividade principal a  frota pesqueira do Estado, o PP e o PSOE entenden que iso forma parte dunha irremediábel e inmodificábel transición ecolóxica. E se falamos de que o POEM só contempla as competencias atribuídas ao Estado e anula as competencias de Galiza sobre ordenación do sector pesqueiro ou de protección do medio ambiente, PP e PSOE non lle ven ningún problema porque no fondo coinciden en que onde van estar mellor as competencias que nas mans do Estado. Ah!, pero logo a Xunta, cando hai que facer campaña e xogar a culpar ao Estado de todos os males, “desvíese por defender as competencias propias e ata presenta un proxecto de lei de ordenación do litoral”. Isto é o mundo o revés, ironizou a nacionalista,  Rosana Pérez.  

 O seu posicionamento está claro. “Teñen asumido que a Galiza tócalle ser, unha vez máis, o que mande  Madrid e, por suposto, o que decidan as grandes empresas do IBEX”. A mostra máis evidente son as propias alegacións da Xunta ao proxecto de POEM, unhas alegacións  trufadas de  consideracións técnicas sen entrar na consideración do sector pesqueiro como prioritario, a defensa de miles de postos de traballo, a riqueza que crea no país, e moito menos, a defensa do autogoberno galego.   

 O BNG, recalcou a deputada,  “defende o sector pesqueiro, defende os nosos ecosistemas mariños e defende que Galiza teña voz  á hora de tomar calquera decisión sobre a ordenación do noso espazo mariño.   

 Tal e como se demostra nos propios POEM, e no aliñamento da Xunta e do Partido Popular ao recollido neses POEM, “a enerxía eólica que concibe o PP e o PSOE non é en beneficio e Galiza”, por iso, propoñemos a retirada do  POEM, tal e como solicita unanimemente o sector pesqueiro. E propoñemos volver ao consenso que se conseguiu aquí no ano 2009 para “declarar a Galiza como zona libre de eólica mariña”.

ARCOS DE VALDEVEZ

Jornal Público destaca Arcos de Valdevez, as suas paisagens, os seus vinhos e a sua gastronomia 


Bacalhau à Lavrador
Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Sob o título “Lima, Vez & Gerês”, o Jornal Público faz um roteiro pela EN 202 onde destaca “Arcos de Valdevez e o Soajo.” 

Vinhas que se estendem encosta abaixo, rios que preenchem vistas de postal, um baloiço suspenso no silêncio e a ocasional vaca que toma conta da estrada: a antiga Nacional 202 junta um mundo de paisagens, numa curta mas vivida roadtrip entre Ponte de Lima, Arcos de Valdevez e o Soajo”, começa por referir a publicação. 

 Referencia quintas de vinho verde como “Aphros Wine”, a Quinta dos Abrigueiros e Quinta de Aguiã, assim como faz referência a uma passagem pelo espaço Vinhos & Sabores, “embaixada da região em matéria de vinhos e das coisas que lhes fazem companhia. (…)”, pode ler-se. 

 Depois, não deixa de referir a afamada Doçaria Central, “uma das moradas clássicas de Arcos” que, “além do delicioso ambiente de sítio suspenso no tempo, tem vitrines cheias de coisas boas como pão-de-ló com calda de açúcar e os charutos dos Arcos, um dos vencedores do concurso 7 Maravilhas Doces de Portugal”; o restaurante Costa do Vez, onde “O menu assenta nos pratos tradicionais, onde o bacalhau é rei, mas também pontuam o peixe fresco de mar, a vitela cachena e o polvo “vitela” (…).” 

 Em Soajo fica a deixa para uma passagem pelo restaurante Espigueiro do Soajo “uma casa acolhedora para o Inverno, com esplanada para os dias de sol, que dispõe de uma ementa curta mas assertiva de cozinha regional”, de onde se sai “bem como o mundo.” De notar ainda as referências ao Paço de Giela que “merece o desvio ladeira acima, para conhecer melhor a ligação do território ao nascimento da nacionalidade”, ao Mezio e ao miradouro de Cabana Maior.  

 Por fim, faz uma referência às cachenas, “que pastam onde lhes apetece. São, também elas, paisagem, sobretudo quando entram asfalto dentro.” Foi com agrado que vimos este roteiro publicado no Público, um jornal de grande referência a nível nacional e que vem atestar mais uma vez as grandes potencialidades do território arcuense naquilo que toca à oferta turística.

ARCOS DE VALDEVEZ

Serras | Montanhas  

Arcos de Valdevez renova prémio Cinco Estrelas Regiões  


Fonte: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Arcos de valdevez voltou a vencer o prémio cinco estrelas Regiões, na categoria Serras|Montanhas com a Serra de Soajo.

 As paisagens portuguesas são o grande destaque desta edição. Com o objetivo de avaliar e reconhecer o que de melhor se faz de Norte a Sul de Portugal, o galardão premeia ícones regionais, como praias, aldeias e vilas, monumentos ou cozinha tradicional, além de avaliar as marcas regionais que se distinguem pela sua qualidade.  

 Ter sido novamente distinguido com este prémio, é um grande orgulho para o Município que vê que o investimento realizado pela Câmara Municipal e os vários parceiros na promoção do concelho está a dar frutos. 

 A aposta na valorização do património natural e construído e na atratividade cultural e turística tem sido uma constante, o que tem contribuído para levar o nome Arcos de Valdevez cada vez mais longe. 

 Para a identificação dos vencedores, estiveram envolvidos 436.000 consumidores, que avaliaram mais de 900 marcas, através da metodologia do Prémio Cinco Estrelas.    

Sobre os Prémios Cinco Estrelas 

 Sistema de avaliação que mede o grau de satisfação que os produtos, serviços ou marcas conferem aos seus utilizadores, tendo como critérios de avaliação as cinco principais variáveis que influenciam os consumidores nas suas decisões de compra/consumo.   

 O Prémio Cinco Estrelas Regiões aplica-se a produtos e serviços de presença regional, pretendendo enaltecer o impacto que as empresas revelam na promoção do nosso país a nível económico e social, para além da riqueza patrimonial que caracteriza e valoriza o nosso país numa vertente igualmente turística, região a região. Mais informação em:  www.cinco-estrelas.pt

DEPORTES

ATLETISMO

Os irmáns Sierpes Pereíra sóbense ao pódium na Milla Urbana de Avilés

 Conseguindo Álex o ouro e máis o récord autonómico na categoría Sub-16, e Christian, medalla de bronce, na categoría Sub-18. 


Álex e Christian Sierpes Pereira, cos seus respectivos trofeos logrados na XXXIV Milla Urbana Avilés, 2023

Sociedade Atlético do Trega / Redacción Deportes

 A pasada fin de semana os atletas guardeses Christian e Álex Sierpes Pereira, do club Sociedade Atlética Trega-Tomiño, desprazáronse ata terras asturianas para participar na XXXIV  edición da Milla Urbana Avilés, 2023, con moita tradición no panorama atlético nacional, coincidindo coa festa do Bolo e en pleno domingo de pascua. 

 Os nosos valentes deportistas competiron en xornada de tarde, nas categorías Sub-16, Sub-18 e Sub-20 conxunta, baixo o circuíto homologado pola RFEA de 3 voltas, completando os 1.609 metros. 

 O primeiro en facelo foi o máis novo da saga Sierpes Pereira. Álex, liderou en solitario toda a proba impoñendo un gran ritmo de carreira que lle permitiu adxudicarse o triunfo na categoría Sub-16, batendo o récord galego cun fantástico 4´37", derrubando así o rexistro que desde o ano 2012 posuía o atleta de orixe etíope Tariku Navales, cun crono de 4´ 48"; entrando detrás del Ageru Hoyos Rubín, do Atletismo Camargo, cun tempo de 4´58"; e en terceira posición Sergio Cuesta García, do  Gijón Atletismo, cun rexistro de 4´59". 


Podio de Álex Sierpes Pereira (medalla de ouro e récord galego)
Podio de Christian Sierpes Pereira (medalla de bronce Sub-18)

 Xa na categoría Sub-18 e Sub-20 que se disputou conxuntamente, estaba o irmán maior Christian Sierpes Pereira que cun rexistro de 4´54", se fixo co bronce na categoría Sub-18, pechando unha sensacional actuación os pupilos de Javier Sierpes Silva e Patricia Pereira Guisantes. 

 Moitas felicidades  aos dous! E a por novos retos, a seguir loitando polos soños.