Aberto o prazo para a solicitude de participación na III Mostra Creativa do Baixo Miño
• O Concello de A Guarda, xunto a un grupo de artesáns e persoas deseñadoras do Baixo Miño, organizarán por terceiro ano consecutivo a Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 29 de xullo na praza de Avelino Vicente
• No evento poderán participar persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca. A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 27 de xullo.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.
Ao igual que o ano pasado, a Mostra coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. "Desde o Concello queremos agradecer a boa disposición para sumar esforzos de OR.PA.GU. e establecer lazos de colaboración", afirmou Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Desenvolvemento Local.
O Goberno municipal invita a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que revisen as bases publicadas no taboleiro de anuncios e cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario