11 de abr. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda rematará este mes as accións formativas “EspecializAcción” para negocios locais  

Aínda quedan prazas libres para o último obradoiro formativo sobre Posicionamento SEO para páxinas webs e tendas en liña, do vindeiro día 18 de abril.  

É preciso facer unha inscrición previa chamando ao 986 610 000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es 




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda, a través da concellaría de Desenvolvemento Local rematará neste mes de abril a oferta de accións formativas gratuítas dirixidas comercio, hostalería e empresas da vila.  

 As accións formativas de “Especializacción” contan cun total de 5 obradoiros, que foron os que espertaron maior interese polos diferentes profesionais do comercio, hostalería e empresas da vila nunha enquisa que se realizou entre todos eles.  

 Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio e hostalaría local, iniciada xa no ano 2021.   

 Este martes día 10 de abril, en horario de 20:30 a 22:30h, tivo lugar o penúltimo obradoiro de “EspecializAcción” da man do administrador de comunidade Jorge Alonso Daldea, que tratou sobre publicidade en Facebook e Instagram. As prazas xa estaban cubertas.  

 E para rematar as primeiras accións formativas de “EspecializAcción” desta primeira parte do ano 2023, na xornada do 18 de abril, de 20:30 a 22:30h terá lugar na Casa dos Alonso o obradoiro de Posicionamento SEO (conxunto de técnicas que se aplican para páxinas web e tendas en liña), impartido por Jorge Alonso Daldea.  

 Aínda quedan prazas libres para o obradoiro do 18 de abril, polo que todos/as os/as empresarios/as aínda poden realizar unha inscrición previa chamando ao teléfono 986 610 000 ou remitindo un correo electrónico a conserje@aguarda.es, ata dous días antes da acción formativa ou ben ata completar o aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario