O CENTRO DE SAÚDE DE TOMIÑO ESBORRÁLLASE ANTE A FALTA DE MÉDICOS
Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño
A atención primaria, como porta principal de entrada da Sanidade Pública está sufrindo un durísimo ataque por falta de previsión e organización por parte do Sergas e do titular da Consellería de Sanidade, J. García Comesaña. Ante este despropósito e falta de recuperación dos facultativos necesarios que lle corresponden a Tomiño; convocados pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño, este domingo, 17 de decembro, ás 11:00 horas, concentráronse centos de veciños e veciñas na praza do Seixo en Tomiño, portando utensilios e instrumentos ruidosos. Tamén portaron cruces lembrando o Calvario que están sufrindo pola falta de médicos no Centro de Saúde. Cabe recordar que o mércores 13 só contamos con dous; o xoves 14 con un só; e o venres con tan só dous facultativos para unha poboación de case 14.000 habitantes. Esta situación que está acontecendo, fai que estean as citas bloqueadas deste este mes e o de xaneiro de 2024, colapsando ás urxencias do PAC de Tui, e do Hospital Álvaro Cunqueiro. A falta de seguimento por parte do médico de cabeceira fai que os pacientes as veces se automediquen ou vexan agravada a súa enfermidade.
A Plataforma seguirá informando os veciños, é avisa que non vai parar ata que a Sanidade Pública funcione como se merecen os facultativos, administrativos e demais personal que tamén están a sufrir as consecuencias desta catástrofe sanitaria.
Por último queremos agradecer, a todas as asociacións de veciños que colaboraron na difusion desta masiva concentración, a administración local, e moi especialmente a todos os veciños e veciñas por estar hoxe aquí, demostrando que Tomiño e a Plataforma non se rinde.
Grazas. Grazas.
Sanidade pública digna e de calidade para todas/os.
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario