O CONCERTO DE PANXOLIÑAS, FERMOSO PRELUDIO DO NADAL
Vén de celebrarse na igrexa parroquial de Santa María, de A Guarda, o tradicional Concerto de Panxoliñas, que como cada ano, organiza a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda. Como viña sendo costume de sempre, coa colaboración do párroco. Nesta edición, de Juan José González Estévez, Concello de A Guarda e Deputación de Pontevedra.
Presentado por Gloria Rodríguez Pacheco, compoñente do Coro Cantabile; o concerto deu comezo coa actuación do Coro Antorcha, que dirixido por Mª José Baz, interpretou:
• Que soen as gaitas (Letra e música: Mª José Baz).
• Duérmete Niño hermoso. (Popular aragonés).
• Oye Jesús, de Al Bano e Romina Power.
A continuación, fixo súa entrada o Coro do Club de Pensionistas da Terceira Idade, de A Guarda, que dirixido por David González Sobrino, interpretou:
• O Meniño é pequeniño, de Xosé Casal.
• Cativiños, de Xosé Luis Reza Cabano.
• Con un sombreiro de palla. (Canción popular - Arranxos: David González Sobrino).
En tercer lugar, actuou o Coro Cantábile, que dirixido por Avelino Ferreira López, interpretou:
• Les anges dans nos campagnes (Panxoliña do s. XIII).
• Feliz Navidad, de José Feliciano.
• Suite comercial navideña, de José Bernardo Álvarez.
E despois sería o turno da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, que dirixida por Avelino Ferreira López, interpretou:
• Esta noite naceu, de Joaquín Carvajal.
• Noite de paz, de Franz Grüber, Joseph Mohr e Reinete.
• Boliños do pote (Canción popular - Armonización: Francisco Rey Rivero).
E na recta final do Concerto de Panxoliñas, todos os participantes, dirixidos por Avelino Ferreira López interpretaron Adeste Fideles, un himno con texto latino, empregado en varios países, desde finais do século XVIII, na beizón durante o Nadal.
E por último, convidado pola coral anfitrioa, intervíu o expárroco de A Guarda, Jesús García Villadóniga - que foi recibido de xeito entusiasta polo respectable público -, para dirixir a interpretación da panxoliña Pero mira como beben (Popular extremeña), que contou coa participación - nas voces e nas palmas - de gran parte do respectable público.
Como expresión de agradecemento, ao remate de cada unha das respectivas actuacións, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, fixo entrega duns agasallos a cada grupo participante, así como Juan José González, párroco de A Guarda.
E antes de dar por concluído o concerto, o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, fixeron entrega duns agasallos a cada agrupación participante.
Dese xeito, o Concerto de Panxoliñas foi o preludio do inminente Nadal, que desexamos sexa portador dunha mensaxe de paz para toda á humanidade e de entendemento entre os gobernantes dos distintos Estados do planeta de tal xeito que á guerra deixe de ser a triste traxedia de cada día.









Ningún comentario:
Publicar un comentario