Máis de 150 xogadores e xogadoras participarán no XI O Rosal Handball Cup
• O trofeo, organizado polo Valinox Novás en colaboración co Concello, celebrarase os días 27, 28 e 29 de decembro
Infogauda / O Rosal
O nadal chega tamén cargado de deporte ao Rosal. Xa está todo listo para a celebración da XI O Rosal Handball Cup – Trofeo Transfronteirizo de Balonmán, unha competición organizada polo Valinox Novás en colaboración co Concello que se disputará os días 27, 28 e 29 de decembro para as categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil. O acto de presentación do trofeo contou coa participación do concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez Crespo, así como representantes do club rosaleiro.
O Valinox Novás aproveitará o parón do nadal nas competicións de base para disputar a undécima edición deste trofeo, un evento que cada ano dá un paso más alá dun torneo de balonmán para converterse nunha cita na máis de 150 xogadoras e xogadores das categorías máis pequenas de equipos procedentes de Galicia e Portugal se divirten cos valores do deporte, ao tempo que se fomenta a igualdade, o respecto e o traballo en equipo a través da convivencia.
Como en cada edición, ademais das xornadas de convivencia e balonmán, o torneo contará con actividades lúdicas para todas/os os participantes
Ningún comentario:
Publicar un comentario