ATLETISMO
A SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA ARRASOU NO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS
• Onde conseguiu 12 medallas individuais e o título de campións zonais por equipos na categoría alevín masculina
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
O antigo campo de fútbol de Santa Marta – Sabarís (Baiona), vén de acoller o XXIV Cros Escolar do Val Miñor, 2023, que foi organizado conxuntamente pola concellería de Deportes, do Concello de Baiona e a Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, a través do seu programa deportivo escolar Xogade.
Ata alí desprazáronse 16 dos nosos atletas, onde este ano, só levamos un equipo, o de alevín masculino, pero cunha gran recompensa, levaron o título de campións zonais.
Este ano o cros zonal foi atípico para nós, porque nos derivaron a participar no Val Miñor, onde antigamente organizábao no Baixo Miño, a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño (Agrudebam).
Os gañadores foron: Alan de la Fuente Maculewicz, Moncho Carreiro Pérez, Martín Rodríguez Castro e Xoel Pérez Montero.
Resultados campións individuais con 5 ouros, 3 pratas, 2 bronces e títulos de 4ª e 5ª:
Alejandro Santos Adrover: 1º 7´09" Sub16 cadete.
Paula Rocha Bautista: 1ª 10´07" Sub16 cadete.
Sergio Silva Souto: 1º 6´22" Sub14 infantil.
Alba Vasconcellos Rodríguez: 3ª 7´09" Sub14 infantil.
Daniela Asensio Lorenzo: 4ª 7´11" Sub14 infantil.
Alan de la Fuente Maculewicz: 1º Sub12 alevín.
Moncho Carreiro Pérez: 3º Sub12 alevín.
Nadia Conejo Bascoy: 2ª 4´10" Sub12 alevín.
Carmen Martínez Ozores: 5ª 4´21" Sub12 alevín.
Julia Martínez Ozores: 1ª 2´53" Sub10 benxamín.
Adela Vasconcellos Rodríguez: 2ª 3´01" Sub10 benxamín.
Gabriela López Cadilla: 3ª 3´11" Sub10 benxamín.
Demais participantes: Marcos de la Fuente Maculewicz, 6º; Martínez Rodríguez Castro, Xoel Pérez Montero e Miguel Domínguez Rocha.
Destacar que todos os nosos participantes clasificáronse para a 2ª fase, que é o provincial e será o 16 de decembro en Vigo.
Moitas felicidades a todos/as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario