15 de dec. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda asinou o convenio  do Plan de Sostibilidade Turística en Destino  


Vista do porto de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Nesta semana o Concello de A Guarda avanzou na tramitación do Plan Sostibilidade Turística en Destino coa súa sinatura do convenio que regula esta subvención”. Así o vén de afirmar o alcalde Roberto José Álvarez Carrero.

 Asemade, o rexedor municipal referíu: O convenio foi asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia e Concello de A Guarda para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística da Guarda no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU e que corresponde a convocatoria extraordinaria do 2022.  

 Unha vez asinado este convenio solicitouse formalmente ante a Axencia de Turismo o adianto do importe total concedido, subvencionado ao 100%. A transferencia do 1.000.000€ será efectiva nas vindeiras semanas

 O alcalde Álvarez Carrero indicou: Paralelamente o Concello de A Guarda segue a traballar no desenvolvemento das actuacións previstas no ámbito da sostibilidade, mobilidade e a competitividade turística. Estas actuacións e as posibles modificacións serán presentadas ao Comité de seguimento coa Axencia de Turismo para a súa aprobación e así dar comezo á execución deste plan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario