15 de dec. de 2023

A GUARDA

CONCERTO DE PANXOLIÑAS

 Domingo, 17 de decembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Continuando unha tradición que provén desde os comezos da andaina da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, este domingo día 17, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, celebrarase o Concerto de Panxoliñas. 

 O evento, que está organizado pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, coa colaboración da igrexa parroquial de Santa María e Concello de A Guarda, e Deputación de Pontevedra; contará coas actuacións das seguintes agrupacións:

 Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.

 Grupo Antorcha.

 Coro do Clube da Terceira Idade.

  Coro Cantábile.

 O Concerto de Panxoliñas é moito máis que o preludio dun novo nadal. É un acto cultural de afirmación da nosa comunidade veciñal, e ao mesmo tempo un xeito de sentirnos unidos pola mensaxe universal da música, nun tempo no que o amor e a fraternidade, deberan presidir as vindeiras celebracións do nadal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario