15 de dec. de 2023

A GUARDA

Charla sobre nutrición para afrontar o Nadal de forma saudable  

 Terá lugar o vindeiro martes 19 de decembro. ás 19h, no Centro Cultural, a cargo de Nicolás Piedrafita Páez, nutricionista do Centro de Saúde 




Infogauda / A Guarda  

 Ás portas do Nadal multiplícanse os xantares abundantes sendo habitual resentirse pasadas estas datas. Os excesos na alimentación son frecuentes polo que dende o Centro de Saúde de A Guarda queren realizar unha charla-obradoiro para o público en xeral, e dun xeito didáctico e ameno, ensinar aos veciños da Guarda a cambiar certos hábitos ou xerar novas estratexias para evitar que cometamos excesos sen por iso renunciar a compartir mesa cos nosos seres queridos, que ao final é o centro do Nadal.   

 Así este taller - que será a cargo de Nicolás Piedrafita Páez, nutricionista do Centro de Saúde -, intentará traballar en tres aspectos fundamentais:  

• Consellos para non perder de vista a nosa alimentación durante as celebracións. 

• Estratexias para gozar da comida sen remordementos e evitar compensacións extremas. 

 Aprender receitas deliciosas e rápidas descubrindo combinacións saudables e rápidas de elaborar. pensadas para as celebracións de Nadal. 

 O evento que é de acceso libre e non precisa de inscrición previa, realizarase o vindeiro martes 19 de decembro, ás 19.00 horas, no Centro Cultural, procurando chegar ao maior número de asistentes posibles, polo que desde o Concello de A Guarda convidan a todas as persoas interesadas a achegarse. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario