13 de dec. de 2023

A GUARDA

Diversión asegurada co espectáculo infantil Abracadáver

 Este sábado, 16 de decembro, ás 18.00 horas, no Centro Cultural 




Infogauda / A Guarda

 Este sábado, día 16 de decembro, ás 18.00 horas, no Centro Cultural rematará a programación do Outono Teatral da man do espectáculo infantil de humor e clown Abracadáver.  

 A través de Rogelio, un entrañable personaxe de ficción ao que dá vida o actor Dani Blanco, AsSircópatas preséntannos esta delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho,..., darán forma a  unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos, unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia. En definitiva, un divertidísimo show para todos os públicos que asegura un bo rato de diversión.  

 Esta proposta, incluída na programación de Outono de Teatro, serve de adianto á programación de Nadal que pensada nas familias, estará chea de programación participativa e divertida para as crianzas a partir do día 27 de decembro na Praza de Avelino Vicente, cuxa programación xa está dispoñibel.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario