7 de dec. de 2023

A GUARDA

O Nadal volverá ata A Guarda cunha completa programación moi pensada para gozar especialmente en familia  

 Baixo o nome “A maxia do Nadal” concentraranse nas dúas semanas centrais do Nadal cunha chea de actividades para tódolos públicos. 




Infogauda / A Guarda  

 A Guarda xa ten todo listo para a celebración do Nadal 2023, na que se quere caracterizar por recuperar unha programación cultural de rúa pensada para os diferentes grupos de idade e gustos culturais, aínda que como ven sendo habitual sabemos que as crianzas son os principais protagonistas destas datas, e así se reflicte nas propostas.   

 O inicio da programación estará marcado polo acendido da iluminación de  que terá lugar este venres 8 de decembro ás 20h, que estará acompañado - se o tempo o permite - dun pasacalles e a actuación do Grupo de Gaitas da Terceira Idade.  

 A partir desta ponte festiva da Constitución poderemos gozar tamén co Nadal nas Prazas,  unha decoración moi singular que un ano mais corre a cargo das diferentes asociacións de A Guarda. Colectivos como San Xerome, Avelaíña, Percamino, Comisión de Festas da Guía, Piueiro, Terceira Idade, Érguete e Transmiño decoran con material reciclado e sostible aqueles puntos  e prazas mais preto da súa actividade, cunha temática común que este ano quixo inspirarse no clásico “Conto de Nadal”  ou nos diferentes contos de Nadal da nosa tradición     

 A programación continuará a partir da segunda quincena de decembro coas citas tradicionais para estas datas: o tradicional Concerto de Panxoliñas na Igrexa Parroquial da Guarda coa participación dos grupos corais guardeses terá lugar o 17 de decembro. O Concerto de Nadal do Conservatorio de Música o 21 de decembro e a Carreira de San Silvestre organizada pola Sociedade Atelética do Trega o día 23 de decembro con saída do Porto.  

 Mais como indicábamos ao principio os protagonistas do Nadal son as crianzas e as familias, é foi pensando nelas que se articulou unha intensa programación de actividades participativas e espectáculos para os cativos e cativas, comezando o sábado 16 de decembro con espectáculo de humor Abracadáver no Centro Cultural, seguiranlle a partir do día 27 na Praza de Avelino Vicente:  xogos populares, actividades de animación e baile , retos de Nadal, o concerto de Paco Nogueiras (29 de decembro)  e o espectáculo As palabras perdidas (3 de xaneiro). Nesta praza instalarase unha carpa para garantir a realización das activdades.   

 Por último, pensando nos amantes da música que ten a nosa vila, programaronse para os  sábados destas semanas dous concertos de blues, soul e rock a cargo do grupo Awen, de Vigo o día 23 de decembro na praza de Avelino Vicente e o día 30 de decembro, o grupo guardés Gold&Colt presentará o seu último disco no Centro Cultural da Guarda. Ambos concertos serán as 20h.     

RESUMO DA AXENDA: 

8 DE DECEMBRO 

20:00h. Na Praza do Reloxo.

ACENDIDO DA ILUMINACIÓN DE NADAL. 

16 de DECEMBRO 

18:00h. Centro Cultural.  

ABRACADÁVER, espectáculo infantil de teatro e clown. 

17 DE DECEMBRO 

17:00h. Igrexa Parroquial de Santa María.  

CONCERTO DE PANXOLIÑAS. 

21 DE DECEMBRO 

20:00H. Centro Cultural. 

CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO DE MÚSICA. 

23 DE DECEMBRO 

11.00h. 

No Porto da Guarda. 

CARREIRA “SAN SILVESTRE”. 

20:00H. 

Praza de Avelino Vicente. 

CONCERTO DO GRUPO AWEN.  

27 DE DECEMBRO 

De 17h. ás 19.30h.

Praza de Avelino Vicente. 

XOGOS POPULARES: Xogos de madeira, da rá, zancos, buxainas, combas... 

28 DE DECEMBRO 

17:00H.  

Praza de Avelino Vicente 

A BAILAR NO NADAL, espectáculo infantil. 

29 DE DECEMBRO 

17:00H. Praza de Avelino Vicente. 

PACO NOGUEIRAS EN CONCERTO “CONTO CONTIGO”.  

30 DE DECEMBRO 

20:00h. Centro Cultural. 

CONCERTO GOLD AND COLT. 

3 DE XANEIRO  

17:00H. 

Praza de Avelino Vicente. 

AS PALABRAS PERDIDAS, espectáculo infantil.  

4 de XANEIRO 

De 17:00 a 19.00h. Xogos de Nadal: retos, música, baile. 

5 DE XANEIRO  

Cabalgata de Reis e Recepción dos Reis Magos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario