25 de nov. de 2023

VIGO

Vergoñenta actuación de Vitrasa no AGA 

Comité de empresa de VITRASA / Vigo   

 Na tarde de onte viviuse unha das actuacións máis vergoñosas por parte dunha empresa durante o transcurso dunha mediación. Aínda que Vitrasa xa tiña unha traxectoria de actitudes totalmente contrarias á negociación en anteriores mediacións, chegando mesmo a expor baixadas salariais en metade dunha destas reunións de negociación, a de onte foi un total despropósito.  

 Unha mediación solicitada por Vitrasa e na que a empresa non realizou nin unha soa mostra de achegamento, ofrecendo unicamente un calendario de negociacións baleiro de contido, a pesar de ter convocado a reunión. 

 Esta actitude transmite unicamente o pasotismo, a desvergoña e a falta de respecto de Vitrasa cara aos seus traballadores/as, a autoridade laboral e a cidade de Vigo, incluíndo ao seu alcalde, que fai só un par de días esixía unha negociación inmediata e sen pausa ata alcanzar un acordo tras anunciar que reequilibraría as contas da empresa.  

 Unha mediación debera supoér un acto de boa fe, pero Vitrasa na de onte demostrou todo o contrario. Con esta actuación a empresa condena a cidade de Vigo a sufrir unha folga indefinida nun momento do ano no que a circulación polas súas rúas vólvese moi complicada. 

 Dende o comité non podemos facer outra cousa que solicitar a retirada da concesión a unha empresa que volve demostrar unha vez máis que a súa única intención é apoderarse do diñeiro público sen pretender realizar ningunha mellora no servizo. 

 Esíximoslle ao alcalde de Vigo unha actuación contundente e inmediata contra a compañía, xa que pola contra estará a demostrar que existe unha complicidade entre a dirección e a Alcaldía..

Ningún comentario:

Publicar un comentario