9 de out. de 2023

TUI

Tui protagonizará un dos capítulos da serie documental “Caminos de Sefarad, diario de una ciclista”

 Ainara Hernando, ciclista e xornalista especializada en ciclismo, rodou un dos capítulos


Ainara Hernando e o historiador Suso Vila, no claustro da catedral de Tui, e o quipo de gravación do documental
Foto: C.T.


Infogauda / Tui

 O patrimonio xudeu de Tui formará parte do documental “Caminos de Sefarad, diario de una cicilista” cuxa rodaxe chegou o sábado a Tui. Trátase dunha serie documental que se emitirá en La2 de TVE a próxima primavera.  

 Ainara Hernando, ciclista e xornalista especializada en ciclismo, percorrerá ao longo de 13 capítulos os municipios que contan cun destacado patrimonio histórico, artístico e cultural herdanza das comunidades xudías que os habitaron. Baixo a dirección de Salva Ruiz e coa produción de Surf Chanel, esta serie contará tamén cunha proposta didáctica para descubrir a cultura sefardí.  A rodaxe desta serie documentou comezou o pasado domingo 1 de outubro.  

 En Tui, Ainara Hernando, xunto a Manuel Guerreiro, da empresa Tamuxe Kayak, percorreu o río Miño en piragua, gozando dunha fermosa panorámica do conxunto histórico dende o río, nunha calorosa mañá de outono. Logo dirixíronse ao conxunto histórico para na Catedral, da man do historiador Suso Vila, coñecer a menorá gravada no claustro, pero tamén os sambenitos, e e outros elementos ligados á presenza xudía e criptoxudía na cidade.  Do documental formarán parte tamén os outros dous municipios galegos membros da Red de Juderías de España, Ribadavia e Monforte de Lemos.  

 A concelleira de Turismo, Ana Núñez, amosa a súa satisfacción pola presenza de Tui desta serie documental que contribuirá á promoción turística da cidade a nivel nacional e internacional. Sinala que “no capítulo que gravado en Tui quedará reflectido a nosa gastronomía, o patrimonio, a natureza e a hospitalidade da cidade”.  Destaca a concelleira coma nunha nova ocasión a cidade é escenario de producións audiovisuais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario