10 de out. de 2023

TUI

Presentación do libro “Ribadelouro; terra e auga é vida” de Manuel Vázquez de la Cruz

 Este sábado, 14 de outubro, ás 12.30 h na Sala Félix Rodríguez González no Edificio “Francisco Sánchez”




Infogauda / Tui

 Este sábado, 14 de outubro, terá lugar a presentación do último libro do tudense Manuel Vázquez de la Cruz titulado “Ribadelouro; terra e auga é vida” recentemente editado e que recolle as numerosas vivencias e experiencias acumuladas polo autor centradas arredor da súa parroquia de Ribadelouro. Este acto comezará ás 12.30 h na Sala Félix Rodríguez González, no Edificio “Francisco Sánchez”.  

 Nesta presentación o autor, Manuel Vázquez de la Cruz, estará acompañado pola súa irmá Marita Vázquez de la Cruz (prestixiosa xurista, presidenta da asociación Diálogos 90, pioneira nos temas de igualdade e Medalla de Ouro da cidade de Vigo en 2018) xunto coa escritora Marga do Val (autora de diversos poemarios, tradutora e crítica literaria e que co seu libro “A cidade sen roupa ao sol”, logrou o Premio da Crítica de poesía en 2010).  

 Ao longo deste acto haberá un vídeo en lembranza de Laura Landeira, xunto coa actuación Mijail Ghanime Comesaña, con guitarra e canto, e  tamén un baile de Patricia Ricón. En definitiva, un grupo de amigos de Manuel Vázquez de la Cruz que se reunirán en Tui para esta presentación.  

 O acto é de entrada libre ata completar o aforo e forma parte da programación de actividades da Biblioteca Municipal de Tui que ao longo deste mes se agrupan coa denominación de “Outubro, mes da Biblioteca”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario