19 de out. de 2023

MOS

A FGAMT-CIG faise coa maioría absoluta nas eleccións sindicais en Bimba y Lola Logística de Mos 

 A central obtivo 6 dos 9 representantes que se escollían no comité  


Instalacións de Bimba y Lola Logística de Mos
Foto: CIG

Infogauda / Mos

 A FGAMT-CIG fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar na empresa Bimba y Lola Logística de Mos ao obter 6 dos 9 representantes que se escollían no comité de empresa.  

 A central foi a única forza que logrou presentar candidatura no colexio de especialistas, logrando a totalidade da representación. Mentres que a USO fíxose cos tres delegados/as que se elixían entre o persoal técnico e administrativo, sendo o único sindicato que concorreu ao proceso neste colexio.  

 Nas anteriores eleccións sindicais, nas que se escolleu un comité de 5 membros, a UGT lograra 3 representantes e a CIG 2. Agora a representación sindical está composta por 9 delegados/as, unha vez que a empresa ampliou o seu cadro de persoal até as 142 persoas actuais. 

 Dende a FGAMT-CIG agradecen o apoio recibido por parte dos traballadores/as de Bimba y Lola Logística e adiantan a disposición da representación da central sindical no comité de empresa a loitar na defensa e na mellora das condicións laborais do conxunto do cadro de persoal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario