I XORNADA SOLIDARIO-LITERARIA: XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO
Jaime Moreda Santamaria/ Ribadavia
Na tardiña do pasado 9 de agosto de 2023, no patio do Museo Etnolóxico, de Ribadavia (Ourense), celebrouse a I Xornada Solidario-Literaria dedicada ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro. A organización deste evento correu a cargo do colectivo Por Un Ribeiro Poético, grupo que naceu alá polo 2010-2011 e que, despois dunha longa paréntese de inactividade, volve neste 2023 coa intención de revolucionar poeticamente a Ribadavia, capital de O Ribeiro. E para conseguir isto queremos realizar varios eventos ao longo do ano. Un deles é a Xornada Solidario-Literaria que se celebrará sempre o 9 de agosto; esto non é un antollo do colectivo xa que esa data coincide coa celebración do Día Internacional dos Pobos Indíxenas. Non coñecín a Alfaro desgraciadamente, máis creo que onde estea, estará orgulloso deste feito.
Nesta primeira Xornada invitamos a Xosé Lois García a dar unha charla acerca de Alfaro, xa que él o coñeceu e tratou persoalmente. Non foi moi longa esta charla na que Xosé Lois recitou tamén algún poema de Alfaro e algúns da súa colleita. Xosé Lois tamén nos retou a loitar dende o colectivo para lograr que, algún día, o Día das Letras Galegas estea dedicado a Xosé Carlos Gómez Alfaro.
Despois de Xosé Lois, tocoume o turno a min, Jaime Moreda. Declamei o meu poema titulado Compañeira e un pequeno poema adicado a Ribadavia que, si mo permiten, escribirei a continuación:
Oh Ribadavia
capital do Ribeiro
pedra e viño.
E para finalizar o evento, contamos coa presencia de Andrés Fernández quen nos agasallou cun concerto realmente poético xa que nos ofreceu poemas musicados de xente tan senlleira na poesía galega como Rosalía de Castro, Manuel María,...
Rosa Berta, a dona de Alfaro, foi invitada ao evento por parte dun servidor. E alí estivo acompañada de un fillo o cal foi moi enternecedor. Eu non a coñecía, mais sentín moi boas vibracións no breve encontro antes do evento.
Así que non vos esquezades de que o 9 de agosto tedes unha cita Solidario-Literaria en Ribadavia, cita apoiada pola ONG Survival International na cal se recollerán fondos para esta ONG que da voz a eses grandes esquecidos habitantes do mundo que son os pobos indíxenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario