6 de set. de 2023

A GUARDA

A Guarda vai participar no proxecto Libera, de limpeza de praias 

O domingo 17 de setembro, ás 11:00 horas, desde o parque do Puntal, realizarase unha limpeza de praias dende O Puntal ata O Codesal  

Fonte: Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da concellería de Medio Ambiente, vai participar un ano máis no proxecto “Libera, unidos contra la basuraleza”, que consistirá nunha limpeza de praias na zona da desembocadura do río Miño, un proxecto no que tamén colaboran SEO BirdLife e Ecoembes.  

 O punto de encontro asignado será o parque do Puntal, en Camposancos, onde se repartirá o material preciso (luvas, bolsas…) para realizar a limpeza e se realizará unha pequena charla explicando como será a actividade, que se desenrolará dende O Puntal ata a zona do Codesal, pasando polas praias do Forte, A Lamiña, A Armona e O Codesal.  

 A duración aproximada da actividade é de 2 horas, abrindo a participación a todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade.  

 "Dende o Concello de A Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nesta actividade, a limpeza e mantemento do noso entorno é cousa de todas/os", indican desde o goberno municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario