21 de set. de 2023

DEPORTES

BALONMÁN DHF

O Mecalia Atlético Guardés ponse a proba en casa ante o Oviedo 

 Tratará de pasar páxina na Sangriña (venres, 20:30 horas) tras caer ante o Bera Bera 

 Será o debut da xogadora brasileira Andreza Almeida, que xa adestrou coas súas compañeiras 

 Cristina Cabeza: “Necesitamos estar moi concentradas os 60 minutos e non darlle opcións ao rival” 




Redacción / Deportes

 O Mecalia Atlético Guardés enfrontarase mañá ao Lobas Global Atac Oviedo no partido da cuarta xornada da liga Guerreiras Iberdrola. O encontro terá lugar ás 20:30 horas no Pavillón municipal da Sangriña.  

 O Oviedo, tras lograr a súa primeira vitoria ante o Elda Prestigio na anterior xornada, iguala ao Guardés a puntos na clasificación. Pola súa banda, o Mecalia Atlético Guardés tentará pasar páxina tras a súa derrota ante o Bera Bera.  

 Cristina Cabeza poderá contar con todas as súas xogadoras fóra da catalá Júlia Nuez, que continúa recuperándose da súa lesión. Deste xeito, este venres será o debut da primeira liña brasileira Andreza Almeida, que se incorporou esta semana aos adestramentos na Guarda.  

Cristina Cabeza: “Necesitamos estar moi concentradas os 60 minutos e non darlle opcións ao rival” 

 En palabras de Cris Cabeza, o próximo partido contra o Oviedo “é unha partido trampa, porque xogamos dous partidos contra elas na pretemporada e gañamos comodamente, pero a liga é outra historia”. Neste sentido, sinala: “Necesitamos estar moi concentradas os 60 minutos e non darlle opcións ao rival para que en ningún momento crea que poida levar a ningún punto da nosa casa”.  

 Doutra banda, valora que no partido contra o Bera Bera o equipo “fixo unha moi boa primeira parte e unha mala segunda parte. Pero bo, sempre é un rival complicado e entrar dentro das posibilidades de perder”.  

 De fronte ao próximo envite, a adestradora afirma que “o equipo adestrou moi ben durante a semana” e que Andreza Almeida “chegou nunhas condicións moi boas. Poderá debutar o venres”. Neste sentido, conclúe: “Estamos contentas de dar un pasito máis, imos ampliando o persoal e é importante para ter moita calidade nos adestramentos”.  

AXENDA  

Liga Guerreiras Iberdrola 

Xornada 4 

Mecalia Atlético Guardés – Lobas Global Atac Oviedo

Venres, 22 de setembro, ás 20:30 horas, no pavillón municipal da Sangriña. 

En directo, pola canle de YouTube do Club. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario