PRESENTACIÓN DA NOVA CURTA DE NANI MATOS, "ANTES DE QUE SE POÑA O SOL"
• Venres 29 de setembro, ás 21:30 horas, no Palomar
• Coa música en vivo de Bieito Álvarez
Nani Matos / Camposancos
Por fin podo anunciarvos a presentación de Antes de que se poña o sol en Camposancos! Agora sí que xa podedes anotar na axenda, ademais do día 29, a hora e o lugar. Sera ás 21:30 h no lugar do Palomar, en Camposancos. Faime moitísima ilusión esta proxección non só polo sitio onde se proxectará, senón porque esta proxección supón pechar un círculo que comezou cando empecei a escribir esta historia que foi aquí en Camposancos. Quero dar as grazas a todas as persoas (que non son poucas), que se están involucrando para que este acto sexa especial, maiormente aos meus amigos Bieito Álvarez e Lucía Martínez Diz, incondicionais das miñas propostas.
Aproveito para dicir que este venres 29 tamen temos outro evento en Camposancos (benvidos todos eventos culturais). A escritora Sonia Bernardini presenta o seu libro “La gallina feliz” ás 20:00 h na casa da Comunidade de Montes. A min gustaríame que as persoas que queiran poidan ir aos dous eventos. Cambiei a hora para que se poida facer e así disfrutar da cultura que creo que esa é a mellor forma de apoiala.
Vémonos o venres! Traede "chaquetita".
Ningún comentario:
Publicar un comentario