A Guarda participará no proxecto Libera, de limpeza de praias
• O domingo 1 de outubro, ás 11:00 horas, dende O Puntal ata o Codesal
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da concellería de Medio Ambiente, participará, un ano máis no proxecto “Libera, unidos contra a basuraleza”, que consistirá nunha limpeza de praias na zona da desembocadura do río Miño, un proxecto no que tamén colaboran SEO BirdLife e Ecoembes.
O punto de encontro asignado será o parque do Puntal, en Camposancos, onde se repartirá o material preciso (luvas, bolsas…) para realizar a limpeza e realizarase unha pequena charla explicando como será a actividade, que terá lugar dende O Puntal, pasando polas praias do Forte, A Lamiña, A Armona e O Codesal.
A duración aproximada da actividade é de 2 horas, abrindo a participación a todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade.
"Dende o Concello de A Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nesta actividade, a limpeza e mantemento do noso entorno é cousa de todas/os", afirmou a concelleira Mª Vanesa Alonso Gándara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario