16 de set. de 2023

A GUARDA

O EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE A GUARDA PRESENTOU UNHA MOCIÓN PARA SOLICITAR Á DIRECCION XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL QUE SE INCOE O PROCEDEMENTO PARA DECLARAR BEN DE INTERESE CULTURAL (B.I.C.) DO PATRIMONIO INMATERIAL AS ALFOMBRAS DO CORPUS DE A GUARDA

 A moción será tratada na vindeira sesión plenaria, que se celebrará o venres día 29 deste mes de setembro


Na imaxe, unha das alfombras realizadas pola veciñanza, neste ano 2023,  con motivo da celebración da festividade do Santísimo, na vila de A Guarda

Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Para seu debate, e aprobación, se procede, na vindeira sesión plenaria ordinaria da Corporación Municipal, que con toda probabilidade se celebrará o venres día 29 de setembro; o Equipo de Goberno do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Roberto José Álvarez Carrero, vén de presentar na Oficina Auxiliar de Rexistro Electrónico, a seguinte iniciativa (Nº de rexistro:2023-E-RE-3113):

MOCIÓN O PLENO

SOLICITAR A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL QUE SE INCOE O PROCEDEMENTO PARA DECLARAR BEN DE INTERESE CULTURAL (B.I.C.) DO PATRIMONIO INMATERIAL AS ALFOMBRAS DO CORPUS DE A GUARDA 

 A Festa do Corpus é unha das celebracións mais relevantes dentro do panorama relixioso cristián na nosa localidade. Caracterízase por ter unha gran significación pública que transcende o âmbito relixioso, para actuar como un elemento relevante no proceso da creación e da afirmación da identidade local mediante a súa identificación coa sociedade guardesa responsable da elaboración do conxunto ornamental, alfombras florais, de sal, altares,...  

 Uns e outros conforman todo o conxunto de arquitecturas efémeras que vinculan a nosa vila e a súa veciñanza con sistemas de costumes tradicionais que destacan por unha extraordinaria recreación ornamental e estética que proporciona aos elementos unha gran riqueza e colorido. 

 A Confraria do Santísirno Sacramento na nosa localidade ten séculos de historia, e na nosa vila se deu a paradoxa ata fai moi poucos anos, de celebrarse en distinta data a Festa do Corpus e a do Santísimo, sendo, costeada unha polo Concello e ou pola Confraria. Sendo os actos paganos separados, unha na Praza do Concello e logo na Alameda e a outra na Riveira, As dúas desapareceron pero quedou a esencia principal dos actos, a Procesión ca bendición do mar e as alfombras florais e de sal. 

 As teorias de como se deu inicio a esta traðición, son varias, unha que algún foraateiro coñecedor desta costume noutros lugares a trouxo ao noso pobo ou que por iniciativa dalguns veciños/as en épocas lonxanas, para amortiguar o cheiro das rúas escomenzaran a cubrilas a fronte das súas vivendas con frores e herbas olorosas. 

 Por todo iso, se presenta esta MOCIÓN o Pleno para que dende o Concello, tralo seu debate e aprobación, se dé inicio as xestións pertinentes. 

 O Concello de A Guarda, da inicio diante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para que se incoe o Procedemento para declarar Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial as alfombras de froles e de sal que se elaboran na nosa localidade co motivo da Procesión do Corpus Christi. 

A Guarda, a 14 de setembro do 2023 

Celso R. Fariñas 

Concelleiro de Cultura e Deportes

Ningún comentario:

Publicar un comentario