7 de ago. de 2023

O ROSAL

O ROSAL CÁMARA FEST PECHARÁ A SÚA CUARTA EDICIÓN CON CAMERATA ARVEN  

O concerto terá lugar na igrexa de Santa Mariña mañá, martes 8 de agosto, ás 21 horas, e inclúe unha ruta guiada  

 

Camerata Arven 
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O IV Rosal Cámara Fest remata mañá cun concerto da formación Camerata Arven, que se realizará na igrexa de Santa Mariña ás 21 horas. A actividade é aberta ao público e de balde. 

 Ademais do concerto, realizarase unha ruta guiada pola zona, tamén de balde, para a que é precisa a inscrición previa no teléfono 677 783 296 ou no enderezo elcctrónico patri@amodoturismo.com.  

 Camerata Arven é un grupo de músicos profesionais, moi dinámico en canto repertorio, e que aposta polos novos compositores. Desde 2018 son a formación residente dos seminarios de dirección do Centro Superior de Música de Galicia.  

 Con Camerata Arven remata esta cuarta edición do Rosal Cámara Fest, que comezou o 20 de xullo e ofreceu oito concertos e catro actividades paralelas  en diferentes espazos do Concello do Rosal.  

 Nesta edición, propúxose un cartel máis ambicioso, que fixo medrar o alcance dos concertos, convidando a bandas, agrupacións e corais de diferentes puntos de Galicia.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario