AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA 2023 CONTARÁN CUN PUNTO VIOLETA-ARCO DA VELLA DA ASOCIACIÓN TRANS MIÑO LGTBIQ+
Estará localizado na entrada do recinto de festas, na alameda, estando ao dispor do público de 20:30 horas ata ás 00:03 da madrugada.
Infogauda / A Guarda
Con motivo das Festas do Monte santa Trega 2023, Trans Miño LGBTQ+ vén de presentar o II Plan de Prevención de Agresións. O devandito plan conleva á colocación dun Punto Violeta-Arco da vella. Ese espazo será un punto de información, sensibilización e actuación no caso de que se produzan agresións, levando a cabo varias actividades, como son a prevención das enfermidades de transmisión sexual (ITS): as probas rápidas de VIH-SIDA, hepatite C e a repartición de material preventivo.
Asemade, segundo indican desde Trans Miño LGTBIQ+ "será a primeira vez que se estableza na vila de A Guarda unha estratexia para a localización dos/as menores en caso de perda, consistente na colocación dunhas pulseiras. Para es accción adquiríronse 3.000 unidades".
Os obxectivos que levaron a Trans Miño LGTBIQ+ a esta intervención, son a gran afluencia de xente nova que acode a estas festas; o alto consumo de alcol, así como outras substancias, podendo levar a estes mozos, a ter condutas consideradas de risco. Outro dos motivos que levan á posta en marcha deste plan foron as tres (3) vítimas que se atenderon nun só día, o ano pasado, sendo un plan piloto.
Este Punto Violeta-Arco da vella estará localizado na entrada do recinto de festas, na alameda, estando ao dispor do público de 20:30 horas ata ás 00:03 da madrugada.
"Desde a asociación Trans Miño LGTBIQ+, queremos agradecer a disposición da comisión de festas, forzas e corpos de seguridade, ao Centro de Información da Muller (CIM), e ao Concello de A Guarda", dixo Germán Cordero Verde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario